A xira de LaLiga World segue levantando paixóns en Uruguai. A embaixada española no país charrúa acolleu unha cerimonia de irmandamento que agrupou a varios altos cargos do catro equipos participantes. RC Celta de Vigo, RC Deportivo da Coruña, Club Nacional de Football e Club Atlético Peñarol estiveron presentes nun acto que serviu como inauguración antes do derbi galego que se disputa este xoves ás 17:30 hora local (22:30 en España).
“Hai moitos descendentes galegos aínda en Uruguai, e para nós é unha satisfacción o poder estar aquí”, apuntou Enrique Calvete, conselleiro do RC Deportivo. Unha opinión que compartía o vicepresidente do RC Celta, Pedro Posada. “Para o Celta vir a un país como este en o que hai tantos galegos vivindo é unha honra e unha satisfacción”, sinalou o mandatario do club olívico.
Roberto Álvarez, embaixador de España en Uruguai, destacou “a expectación que levanta esta xira ao ser equipos europeos con figuras importantes”. E tanto José Luís Rodríguez, presidente do Nacional de Football, como Juan Pedro Damiani, presidente do Club Atlético Peñarol, resaltaron o orgullo que supón para o fútbol charrúa ter aos dous principais equipos de Galicia no país.
Texto: www.laliga.es