O Leganés, debutante na máxima categoría, sumou en Balaídos unha vitoria histórica nun partido aberto, de gran ritmo e con polémica. Os celestes desaproveitaron as súas oportunidades e encaixaron, xa na segunda metade, nun saque de esquina.
Boa primeira metade do Celta, coa intermitencia lóxica das datas, pero con xogadas brillantes que non acabaron na rede polas intervencións de Serantes ou a falta de precisión no remate final.
Aos 21 minutos, gran xogada de Iago Aspas na área, con remate que despexou Serantes, quen pouco despois tapou un remate de Orellana tras un bo centro de Jonny e ao bordo da media hora atallou un tiro coa zurda de Sisto.
Aos 36 minutos, Aspas arrincou en posición legal e marcou, pero o tanto foi anulado por un fóra de xogo inexistente. Sergio no último instante, realizou unha parada prodixiosa para desbaratar un remate de socato de Guerrero.
Tras o descanso, Iago encarou á meta rival e lanzou desviado. Gran ocasión aos poucos segundos. O partido foise abrindo, con ida e volta constante, e ocasións para ambos os equipos. O Leganés adiantouse a falta dun cuarto de hora na saída dun córner por medio de Víctor Díaz, ao bordo do fose de xogo.
FICHA TÉCNICA
1-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Marcelo Díaz (Señé, min.78), Wass (Pablo Hernández, min.66), Sisto (Guidetti min.66), Orellana, Bongonda e Iago Aspas.
0-CD Leganés: Serantes, Bustinza, A. Marín (Machís 62’), Mantovani, A. Martín, Gabriel, Rico, Víctor Díaz, Unai López, Timor (Sastre, min.81) e Guerrero (Insua, min.72).
Goles: 0-1, min.75: Víctor Díaz.
Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou polo Celta a Hugo Mallo, Roncaglia, Pablo Hernández e Iago Aspas; polo Leganés a Marín. Expulsou a Timor, do Leganés, tras ser substituído.
Campo: Balaídos. Uns 17.000 espectadores.