Hemeroteca celtismo

O terceiro equipamento xa á venda en exclusiva na tenda oficial do Celta

RC Celta

aterceira220916a.JPG

 

O novo terceiro equipamento do RC Celta, estreado polo equipo vigués ante o Standard de Liège no seu regreso á Europa League, xa está á venda en exclusiva na tenda oficial do club. Trátase dun deseño novo que complementa aos dous equipamentos xa coñecidos e que, ademais das cores gris e negro, incorpora as tradicionais franxas de adidas, tanto nas mangas como en pantalón, na cor celeste oficial do club.

 

Os afeccionados terán a opción de personalizar a nova camiseta co logotipo oficial da LFP sen custo adicional ou có da Europa League por 6€. Ademais, para celebrar o retorno do Celta á competición continental, o club deseñou unha bufanda conmemorativa que inclúe os escudos dos equipos contra os que os celestes se enfrontarán na Fase de Grupos e que xa está dispoñible na tenda oficial.

 

A tenda oficial do Celta en Balaídos permanece aberta de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. A innovadora terceiro equipamento tamén se porá á venda proximamente na web www.tiendacelta.com

&nbsp

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas