Primeiro Equipo

LIGA | O Celta doblega ao Barcelona nunha exhibición de entrega e coraxe

RC Celta

aspascelfcb021016.JPG

 

Outra noite para o recordo en Balaídos. Ante un dos mellores equipos do mundo, o FC Barcelona, o RC Celta ofreceu unha exhibición de desgaste físico, entrega e fe que tiveron recompensa. Os de Vigo chegaron ao descanso cunha renda de tres goles a cero. Na segunda parte o Barça reaccionou e rozou o empate até o último minuto. Non o lograron e o Celta sumou tres puntos que saben a moito máis.

 

O Barcelona arrincou ofrecendo a súa mellor versión. Os culés dominaban a posesión e roldaban a área celeste coa permanente sensación de estar a piques de facer dano ao Celta. Non foi así e co paso dos minutos os de Berizzo comezaron a soltarse, a disputarlle a posesión ao cadro catalán e a exhibirse no ataque.

 

A mellora do Celta foi espectacular e tivo o seu premio. No minuto 22 Sisto recolleu o balón e definiu á perfección ante Ter Stegen. Lonxe de replegarse, o conxunto vigués seguiu atosigando ao seu rival en busca dunha maior renda goleadora. Así foi. Dez minutos despois do primeiro gol Iago Aspas fixo estalar á afección de Balaídos. O de Moaña cociñou e finalizou o só unha contra perfecta. Apenas pasara un minuto cando o Celta volveu golpear, con axuda de Mathieu. O central blaugrana despexou ao fondo da súa propia portaría un centro envelenado.

 

Tras a continuación o Celta seguiu realizando un desgaste físico enorme ante un Barcelona que imprime unha constante presión. A balón parado, nun saque de esquina, Piqué cabeceou só para pór o primeiro tanto do Barça no electrónico. Os celestes se desvivían por resistir os envites do seu opoñente e, a pesar do cansazo, buscaban con entrega e fe o gol á contra.

 

Un penalti dubidoso que Neymar converteu puxo ao Barcelona a unha soa diana do empate. Os galegos non perderon a compostura e seguiron sacando forzas de calquera sitio para conter as envestidas catalás. No minuto 76 Balaídos descargou a súa tensión. Un erro garrafal de Ter Stegen no golpeo do balón foi aproveitado por Pablo Hernández para anotar o cuarto gol celeste.

 

Pero somos o Celta e sufrir forma parte do noso ADN. Dez minutos despois, a catro do asubío final, Piqué volveu marcar de cabeza e a pór o corazón nun puño a todo o celtismo. Nun exercicio de incrible malgaste físico e convencemento na vitoria ante un dos mellores rivais do mundo, o Celta aguantou e sumou tres puntos nunha nova noite inesquecible en Balaídos.

FICHA TÉCNICA

4-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Roncaglia, Radoja, Wass (Jonny, 83’), Pablo Hernández, Bongonda (Marcelo Díaz, 62’), Sisto, Iago Aspas.

2-BARÇA: Ter Stegen, Piqué, Busquets (Denis Suárez, 75’), Arda Turan, Luis Suárez, Neymar, Rafinha (Iniesta, 45’), Jordi Alba (Alcácer, 81’), Sergi Roberto, André Gomes, Mathieu.

Goles: Sisto, 22’ (1-0); Iago Aspas, 31’ (2-0); Mathieu, propia puerta, 33’ (3-0); Piqué, 57’ (3-1); Neymar, de penalti, 64’ (3-2); Pablo Hernández, 76’ (4-2); Piqué, 86’ (4-3).

Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Amonestou a Busquets (Barça); Hugo Mallo (Celta).

Campo: Balaídos (20.901 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas