Celta e Ajax protagonizaron un partido eléctrico na terceira xornada da UEFA Europa League. Os holandeses adiantáronse até en dúas ocasións, pero os celestes, superiores, replicaron os goles rivais con dianas de fermosa factura, obra de Fontàs e Orellana, este último cando o partido achegábase ao seu fin.
Balaídos gozou dun primeiro tempo trepidante. O RC Celta fíxose enseguida coa posesión do balón e lanzouse ao ataque con perigosos achegamentos, como un remate de Guidetti ao tres minutos de xogo ou outro de Sisto pouco despois. Cando máis dominaban os celestes chegou o tanto holandés. Foi nunha veloz contra que, con calidade e perfecta definición, finalizou exitosamente Ziyech.
Os de Berizzo non tardaron en igualar o marcador. Tras unha advertencia de Roncaglia, que terminou co balón golpeando o lateral da rede, o central Andreu Fontàs rematou de espuela un bo centro de Lemos ao corazón da área. O Celta mantivo o control do partido até o descanso.
Tanto ou máis emocionante foi a segunda parte. O cadro olívico mantiña a superioridade, aínda que non tan holgadamente. O cadro olívico puido adiantarse no marcador, pero foi de novo o Ajax o primeiro en golpear. No minuto 70 Younes recolleu o balón, avanzou cara á portaría sen oposición e marcou cun disparo colocado ao segundo pau. Xerro de auga fría en Balaídos, que aínda así non veu abaixo. Non baixou os brazos o equipo galego e obtivo o seu merecido premio. No minuto 82 Orellana fixo explotar de alegría á afección céltica cun auténtico golazo que supuxo o definitivo empate 2-2. O Celta mantense invicto en Europa.
FICHA TÉCNICA
2-RC CELTA: Rubén, Lemos (Orellana, min.62), Roncaglia, Fontàs, Sergi Gómez, Planas, Radoja, Pablo Hernández (Wass, min.76), Señé, Sisto, Guidetti (Rossi, min.72).
2-AJAX: Onana, Veltman, Sánchez, Viergever, Sinkgraven, Klaasen, Ziyech (Bazoer, min.77), Gudelj, Traoré, Dolberg, Younes (Casierra, min.77).
Goles: Ziyech, min.21, 0-1; Fontàs, min.30, 1-1; Younes, min.71, 1-2; Orellana, min.82, 2-2.
Árbitro: Iván Kruzliak, de Eslovenia. Amonestou a Sánchez, Gudelj, Veltman (Ajax); Planas (Celta).
Campo: Balaídos.