O centrocampista celeste José Naranjo foi un dos protagonistas da gala dos Premios de LaLiga, celebrada este luns no Palacio de Congresos de Valencia. O xogador onubense coroouse como Xogador Revelación da Segunda División 2015/16, un merecido recoñecemento á espectacular tempada que asinou co Nástic de Tarragona. En 36 encontros co club granate, o novo futbolista de 21 anos anotou 15 goles, sendo unha peza crave na loita polo ascenso do cadro catalán.
O adestrador do RC Celta, Eduardo Berizzo, tamén estivo presente na gala, na que foi elixido como o terceiro Mellor Adestrador da pasada tempada, por detrás de Simeone (Atlético) e Marcelino (Vilarreal).