O gran partido asinado polos xogadores do Celta no derbi galego non pasou desapercibido. Dous futbolistas celestes, Iago Aspas e Orellana, forman parte do 11 Ideal da Xornada 9 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe os mellores xogadores de Primeira División mediante un sistema de puntos.