Vitoria traballada do Celta ante unha Valencia que puxo en aprietos aos celestes. O cadro ché perdoou e os de Berizzo aproveitaron os seus mellores minutos para levar tres importantes puntos antes do parón de seleccións. Roncaglia cun golazo ao fío do descanso e Guidettti de cabeza no segundo tempo, deron unha nova alegría á parroquia celtista.
Celta e Valencia disputáronse de ti a ti un primeiro tempo con polémica nas dúas áreas. No minuto 24 Guidetti caeu empuxado por Garay dentro da área valencianista, unha acción que o colexiado interpretou como “piscinazo” do futbolista celeste.
O debate trasladouse á portaría do Celta pouco despois. David Costas derrubou a Rodrigo e o árbitro sinalou penalti. Non fallou Parello no lanzamento da pena máxima e puxo á Valencia por diante no marcador. Antes do descanso, jugadón de Roncaglia para empatar o partido. O internacional arxentino recortou de tacón a dous rivais dentro da área e cravou o balón no fondo da rede cun disparo de rosca.
O segundo tempo arrincou coa Valencia dominando e perdoando. O cadro valenciano tivo varias ocasións de gol ante un Celta discreto. O paso dos minutos sentoulle ben aos de Berizzo, que aos poucos gañaron o control do partido e comezaron a arrinconar ao rival. Tras varias oportunidades frustradas por Alves, os celestes conseguiron a súa merecida recompensa no minuto 76 cun tanto de cabeza de Guidetti.
Os compases finais do encontro foron para a Valencia. O Celta resistiu con enteireza e asinou un importante triunfo en Balaídos antes do parón de seleccións.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA: Rubén, Roncaglia, Costas, Fontàs, Jonny, Radoja (Marcelo Díaz, min.69), Wass, Pablo Hernández, Sisto (Planas, min.91), Iago Aspas, Guidetti (Pape, min.84).
1-VALENCIA: Alves, Cancelo, Garay, Mangala, Montoya, Mario Suárez, Parejo, Medrán (Munir, min.79), Nani, Fede Cartabia (Santi Mina, min.79), Rodrigo.
Goles: Parejo, min.32, (0-1, de penalti); Roncaglia, min.42 (1-1); Guidetti, min.76 (2-1).
Árbitro: Clos Gómez, do comité aragonés. Amonestó a David Costas, Jonny, Guidetti, Iago Aspas, Fontàs (Celta); Mario Suárez (Valencia).
Campo: Balaídos (18.251 espectadores).