O golazo marcado ante a Valencia CF, que supuxo o inicio dunha remontada culminada por Guidetti, e o seu bo rendemento tanto defensivo como ofensivo levaron a Facundo Roncaglia a formar parte do once ideal da xornada 11. O internacional arxentino estréase desta maneira nunha aliñación de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de Primeira División en base a datos estatísticos.