Primeiro Equipo

LIGA | O Celta dobrega sobre a bucina a un sólido Alavés (1-0)

RC Celta

celtaalaves150117.JPG

 

O Celta enfrontouse a un Alavés moi serio, sólido e ordenado que disputou o partido de ti a ti aos de Berizzo. Aínda que as mellores oportunidades pasaron polas botas dos celestes, hoxe imprecisos, o cadro vasco buscou o gol sen descanso até o asubío final.

 

O segundo tempo arrincou cunha inmellorable ocasión para Roncaglia, quen enviou o balón fóra. A expulsión de Feddal pouco despois puido romper o choque a favor dos vigueses, lanzados con máis coraxe que claridade a por a vitoria, pero o Alavés fíxose forte na adversidade, resistiu e deu máis dun susto á parroquia de Balaídos. A dez minutos do final Rubén salvou ao Celta cunha extraordinaria parada ante o remate en solitario de Theo.

 

Cando o partido parecía abocado ao empate, Radoja apareceu para anotar o seu primeiro gol coa celeste e dar a vitoria ao Celta. O serbio recibiu o balón a pase de Hugo Mallo, recortou e enviouno ao fondo da rede. O centrocampista marcara a súa última e até agora única diana no ano 2013 coa Vojvodina! Balaídos veu abaixo e o Celta sumou tres puntos dun ouro ante un dos rivais máis complicados no que vai de campionato.

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Jonny, min.49), Fontàs, Roncaglia, Marcelo Díaz, Radoja, Wass, Iago Aspas (Sergi Gómez, min.90), Bongonda, Guidetti (Rossi, min.70).

 

0-ALAVÉS: Pacheco, Femenía, Laguardia, Feddal, Theo, Marcos Llorente, Camarasa (Sobrino, min.87), Manu, Ibai Gómez (Alexis, min.47), Edgar (Vigaray, min.77), Deyverson.

 

Goles: Radoja, min.89, 1-0.

 

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Cabral, Jonny e Fontàs (Celta); Femenía e Edgar (Alavés). Expulsou con dobre amarela a Feddal no minuto 46 (Alavés).

 

Campo: Balaídos (15.723 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas