Esta mañá entregouse a Nemanja Radoja o premio ao Xogador Estrella Galicia do Celta do mes de decembro no Mesón Jamonería Compostela. Trátase da primeira vez na que a afección celtista decántase polo centrocampista serbio como xogador máis valioso nas súas votacións a través das redes sociais.
Este recoñecemento outorgado por Estrela Galicia é resultado dos votos dos afeccionados do Celta a través das redes sociais do Club. Dos 3635 afeccionados que participaron nesta ocasión, o 55,6% dos votos foron para Radoja, seguido por Wass cun 33,7% e Bongonda cun 10,6%.
Casualmente Radoja marcou onte por primeira vez co Celta, unha recompensa ao seu extraordinario rendemento e actitude.