Primeiro Equipo

COPA | Un Celta espléndido toma vantaxe nos cuartos de Copa no Bernabéu (1-2)

RC Celta

w_900x700_18225020_apa2377.jpg

 

O Celta, ambicioso, atrevido e fiel a si mesmo, logrou unha magnífica vitoria no Bernabéu no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os goles chegaron na segunda metade coas canteiráns Aspas e Jonny como anotadores.

 

O Celta, fiel a si mesmo, con máximo respecto á súa identidade, arrincou con presión arriba e voracidade en ataque. Houbo equilibrio, ida e volta na primeira media hora sen ocasións claras, pero con aproximacións con certo perigo en ambas as áreas.

 

No tramo final, estivo máis acertado na circulación o Real Madrid, en especial tras roubo de balón, aínda que o equipo celeste tamén dispuxo dalgunha boa chegada. Aos vigueses faltoulles algo de precisión no último pase para aproveitar algunha das súas boas accións ofensivas. O descanso chegou con empate sen goles

 

Tras a continuación, de novo igualdade ata que o partido axitouse de súpeto cun gran ataque celeste, cabalgada de Bongonda e remate certeiro de Iago Aspas á rede.

 

O Madrid empatou pronto cun afortunado rebote a remate de Marcelo, pero a reacción celeste foi inmediata. Gran pase de Aspas a Jonny e magnífica definición do canteirán para adiantar aos celestes. O Celta, personalidade, ambición e voracidade, dominaba o choque.

 

FICHA TÉCNICA

1-R Madrid: Casilla; Danilo (Benzema, min.80), Ramos, Varane, Marcelo, Casemiro, Kroos, Modric, Lucas (Kovacic, min.52), Asensio (Morata, min.52) e Cristiano.

 

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Pablo Hernández, Wass (Guidetti, min.89), Bongonda (Sisto, min.67) e Aspas (Sergio Gómez, min.81).

 

Goles: 0-1 min.63: Iago Aspas; 1-1, min.69: Marcelo; 1-2, min.70: Jonny.

 

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou a Marcelo Díaz, Pablo Hernández, Sergio Ramos.

 

Estadio: Santiago Bernabéu.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas