creatividad-nueva-tienda-balaidos.jpg
Celtismo

A esperada inauguración da nova tenda en Balaídos, o vindeiro luns ás 17:00

RC Celta

A tenda oficial do RC Celta estrea este luns ás 17 horas novo espazo no estadio de Balaídos. Ocupará unha ampla zona situada nos baixos da Grada de Tribuna na que recupera os luminosos escaparates e o acceso directo desde a rúa. Ábrese unha nova etapa con substanciais melloras estéticas e funcionais que converterán a visita á tenda celeste, onde se poderán adquirir todos os produtos oficiais do club e un amplo catálogo de adidas, nunha grata e sorprendente experiencia.

A actual tenda oficial permanecerá pechada este venres e o sábado 27, así como o luns 29 en horario de mañá, polo traslado á nova ubicación. Os afeccionados poden seguir realizando as súas compras na tenda online shop.rccelta.es/gl e no espazo celeste en El Corte Inglés.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas