6085a4863fe69722843499
Primeiro Equipo

Un gran RC Celta imponse a Osasuna e respira tranquilidade (2-1)

RC Celta

O RC Celta conseguiu unha importante vitoria ante Osasuna (2-1) nun partido que dominaron desde o asubío inicial e no que Iago Aspas e Jeison Murillo anotaron os goles celestes.

Empezou dominando o partido o RC Celta sabedor da importancia que tiña levar a iniciativa. Cun fútbol rápido, aos poucos foron acumulando chegadas á área rival. A mala noticia neses primeiros minutos foi a lesión de Hugo Mallo, que tivo que ser cambiado por Kevin.

Santi Mina deu o primeiro aviso mediada a primeira metade nun contragolpe que terminou no pau esquerdo da portaría osasunista. Seguiuno tentando o conxunto celeste, que atopou o seu merecido premio ao bordo do descanso nunha nova xenialidade de Iago Aspas, que se foi dun defensor visitante e perforou a portaría coa súa perna menos boa. Que non mala, por suposto.

Na segunda metade igualáronse un pouco as forzas e o Osasuna estirou liñas en busca do empate. Iván Villar tivo que realizar unha gran parada e Budimir enviou un cabezazo rozando o pau. O RC Celta tamén puido anotar o segundo gol pero o colexiado anulou un tanto de Nolito por un milimétrico fóra de xogo.

O que se marcou foi Jeison Murillo nun saque de esquina sacado de maneira maxistral por Denis Suárez. Recortou distancias Osasuna cun penalti de VAR a 15 minutos do final

 

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Iván Villar; Hugo Mallo (Kevin, min 5), Aidoo, Murillo, Fontán (Aarón, min 81); Tapia; Brais Méndez (Beltrán, min 60), Denis Suárez, Nolito (Solari, min 60); Iago Aspas, Santi Mina (Araujo, min 81).

1 – Osasuna: Herrera, Roncaglia, Unai García, Ramalho, Juan Cruz (Manu, min 46), Brasanac, Moncayola, Oier (Chimy, min 75), Barja (Roberto Torres, min 46), Rubén García (Jony, min 46) y Budimir (Enric, min 75).

Goles: 1-0 Aspas, min 43; 2-0 Murillo, min 62; 2-1 Roberto Torres, min 76;

Árbitro: Soto Grado (Toledo). Amoestou a Aspas (RC Celta) e a Oier, Brasanac, Cruz (Osasuna)

Campo: Abanca Balaidos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas