A semana que conclúe este domingo co partido no Santiago Bernabeu avanza con excelentes novas. Dous dos xogadores incluídos desde fai semanas no parte médico recibiron a alta tras adestrar con normalidade e estarán dispoñibles para o encontro ante o Real Madrid. Tanto Miguel Baeza como José Fontán poderán participar no partido unha vez superadas as súas lesións, mentres que o lateral Kevin Vázquez realizou xa adestramento co grupo.
![1 4](https://rccelta.es/app/uploads/2021/09/1-4.jpg)
Primeiro Equipo