20211115_Celta Integra_LaLiga Genuine_1_16x9
Integra gl

O Fundación Celta Integra pechou a tempada 2019/2020 de LaLiga Genuine Santander

RC Celta

O Fundación Celta Integra viaxou o pasado venres 12 de novembro a Tarragona para vivir o reencontro máis esperado do ano: a volta de LaLiga Genuine Santander, a competición de fútbol máis integradora e pioneira no mundo, posta en marcha por LaLiga a través da súa Fundación. Desta forma púidose poñer fin a unha tempada 2019/2020 que durou practicamente 24 meses como consecuencia da COVID-19.

Os de Alex Abalde estreáronse o sábado pola mañá cun triunfo por 2-1 fronte o Fundación Club Atlético de Madrid, mentres que en xornada vespertina o cadro celeste impúxose por 0-2 fronte o Fundación Albacete. Por último, a participación pechouse o domingo pola mañá con derrota por 0-2 fronte CD Tenerife.

Despois da competición, o Complex Esportiu Salou vestiuse de gala para albergar o acto de clausura e entrega de trofeos de LaLiga Genuine Santander 2019/20, onde valores como o respecto, o compañeirismo e a deportividade foron os verdadeiros protagonistas destas xornadas, nas que participaron un total de 42 equipos, conformados por máis de 1000 xogadores, xogadoras e corpos técnicos, quen se reuniu en Tarragona durante a fin de semana do 12, 13 e 14 de novembro para volver vivir a experiencia Genuine. Así mesmo, numerosos amigos, familiares e afeccionados non quixeron perderse esta cita tan especial.

Tras esta fin de semana chea de emocións, LaLiga Genuine Santander xa se prepara para a celebración da tempada 2021/22. Nas próximas semanas coñeceranse as datas e sedes da competición máis xenuína do mundo.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Integra gl

Noticias recomendadas