ESCUDO-1300x400-01
O Club

A Xunta de Accionistas aproba sen votos en contra contas e orzamento

RC Celta

O Salón Regio de la Sede acolleu esta mañá a Xunta Xeral de Accionistas do RC Celta da tempada 2020/2021, á que asistiron de xeito presencial un total de 53 accionistas representando ao 72,98 do capital social e de xeito telemática accionistas. A Xunta aprobou por unanimidade o informe de xestión e as contas anuais da pasada campaña.

O orzamento, de 71,8 millóns de euros para a presente tempada obtivo o 99,4 por cento sen votos en contra. Ademais, aprobouse manter en 7 o número de conselleiros e a reelección de todos eles.

O consello de administración accedeu á petición de varios accionistas presentes, a retirar un punto na orde do día que permitiría a convocatoria de xuntas de accionistas exclusivamente telemáticas, decisión aplaudida polos asistentes.

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, contestou de xeito detallado aos accionistas na quenda de ruegos e preguntas cunha ampla e diversa temática. En canto ao trato ao abonado indicou que “trouxemos a unha persoa relevante de equipos importantes e anos de experiencia para reconducir o problema que detectamos e ao que buscamos solucións, pero non as atopamos. Vas tratando de poñer medidas e non sempre acertas, pero sempre cunha visión: equivocarémosnos, pero na convicción de axudar ao socio nunca nos imos a equivocar”.

Pediu unión á afección para por unha banda seguir empuxando cos seus comentarios e suxestións ao club para que siga mellorando e tamén para valorar a excelente situación da institución. “Vouvos a dar un dato impresionante: asinouse acordo da Liga con CVC, hai un consello dentro da comisión: CVC, Liga e 2 ou 3 equipos españois e un dos seleccionados fomos nós”.

“Si traballamos xuntos seremos máis fortes, Imos poñer todo da nosa parte para achegarnos á afección”, subliñou o presidente celeste, quen insistiu que “temos cousas que corrixir, estanos niso, acertaremos nunhas e noutras non, pero a nosa intención e esforzo é facelo. Así como vós queredes ao Celta, querémolo nós. Así como queredes ao Celta, querémosvos a vós”.

“Temos que ir xuntos, non podemos ir por separado, seriamos moito máis fortes e conseguiriamos máis éxitos”, afirmou.

María José Herbón, directora corporativa do club, destacou as dificultades que carrexou a pandemia, que supuxo un importante freo no crecemento e os ingresos da entidade. De feito, na pasada tempada, os ingresos baixaron de 105 millóns a 76 “nun descenso sen parangón”.

Recordou que o magnífico estado de saúde do club, con 57 millóns de euros de beneficio nos últimos 5 anos, “Froito dos resultados pasados, podemos manter o plan de investimentos”, Indicou que nos últimos 5 anos, o RC Celta investiu 129 millóns de euros, 10 dos cales pertencen da presente tempada.

O director deportivo, Felipe Miñambres, analizou o plantel da pasada tempada e o rendemento do equipo, que remontou desde o último ata o oitavo posto da táboa clasificatoria. Valorou o esforzo do club no mercado de fichajes do pasado verán coa chegada de Franco Cervi e Javi Galán en propiedade máis as cesiones de Murillo, Dituro e Galhardo e a incorporación desde o filial de Jose Fontán.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas