Calendario 2021-2022_1x1
A Canteira

Resultados da canteira do RC Celta (17, 18, 19 e 20 de decembro)

RC Celta

A fin de semana comezou o pasado sábado cos triunfos a domicilio do Benxamín A e do Benxamín B, que se impuxeron a Coruxo FC (0-8) e Colexio Apóstol (0-7), respectivamente, na sétima xornada. Entre medias, o Infantil B derrotou na xornada 11 á AD Lavadores en A Madroa e, máis tarde, o Infantil A venceu á UD Ourense en Vilar de Astrés para sumar 39 puntos. Unha mañá que se pechaba con vitoria (4-1) do Xuvenil B na xornada 14 de Liga Nacional ante o Racing de Ferrol, alcanzando os celestes os 37 puntos.
Pola tarde, o Cadete B impúxose por 0-9 ao CVC Valladares na Gándara e alcanza os trinta puntos. Con 37 puntos sitúase un Xuvenil A que pechaba o día cunha solvente vitoria por 7-0 ante o CD Lugo en A Madroa.
O domingo arrincaba cun Cadete A que aumenta tres puntos a súa distancia no liderado tras superar (3-0) en A Madroa ao Pabellón Ourense CF, segundo clasificado. Ás 12:00 houbo ración dobre: derrota por 2-0 do Celta B ante o CD Tudelano, situándose o segundo equipo céltico na décima posición do grupo I de Primeira RFEF Footters con 25 puntos e derrota (3-1) de o Celta C – Gran Peña ante o Pontevedra CF B no Municipal de Meis que mantén nestes momentos aos celestes na primeira posición do subgrupo 2A de Preferente Sur con 23 puntos.
Os equipos alevíns disputaron a Media Gol Cup
O Alevín A, que este luns 20 venceu ao Rápido de Bouzas por 1-5 na xornada 7 de Liga, e o Alevín B viaxaron a Cornellà para disputar a XI Media Gol Cup 2021. Os resultados foron os seguintes:

Alevín A (4º clasificado)

Fase de grupos: Sevilla FC 2-2 RC Celta

Fase de grupos: RC Celta 1-0 K Tech Academy

Fase de grupos: RC Celta 3-1 Sant Cugat FC A

Fase de grupos: PSG 2-2 RC Celta

Fase de grupos: RC Celta 2-0 UFB Jàbac i Terrassa A

1/4 de final: RC Celta 1-1 UE Cornellà

Semifinal: RC Celta 2-3 RCD Espanyol

3º-4º posto: RC Celta 0-3 FC Barcelona

Alevín B (10º clasificado)

Fase de grupos: RC Celta 2-0 Elite Football

Fase de grupos: RC Celta 1-1 EC Granollers

Fase de grupos: RC Celta 1-2 Levante UD

Fase de grupos: RCD Espanyol 0-1 RC Celta

9º-12º posto: RC Celta 3-0 RC Deportivo

9º-10º posto: RC Celta 1-4 Gimnàstic de Tarragona

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas