ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

O VI Curso D.O. Celta finaliza tras nove grandes xornadas de deporte e formación

RC Celta

O Curso Denominación de Orixe Celta retomou a súa actividade no ano 2021 celebrando a súa sexta edición. Cun novo formato e despois de máis dun ano sen poder facelo con motivo da pandemia, a Fundación Celta no seu afán de progreso e mellora constante, organizou unha edición moi especial.

Dirixido a todos os técnicos e profesionais das categorías inferiores do RC Celta ademais doutros departamentos da entidade e clubs convidos, durante tres meses, un total de nove relatores de diferentes ámbitos deportivos e formativos, pasaron presencial ou virtualmente polo Salón Rexio da Sede. Nove xornadas intensas, onde os nosos invitados compartiron con todos os asistentes as súas incribles experiencias e gran coñecemento.

Comezando co deporte rei, o fútbol, o responsable do departamento de captación do RC Celta Alfredo Merino debullou o seu método e organización, para posteriormente un dos xogadores máis importantes na historia do fútbol español, Andoni Zubizarreta, compartise anécdotas dunha dilatada e exitosa traxectoria deportiva. Sen abandonar o balón, o seu irmán pequeno, o fútbol sala tamén tivo presenza a través de Bruno García. Con gran experiencia tanto nacional como internacional, escollido mellor adestrador español no estranxeiro e seleccionador de países como Perú, Vietnam ou Xapón, departiu sobre a relación de ambas as disciplinas e a relevancia do futsal na formación dos novos futbolistas.

Futbolistas como o xa experimentado José Galán, xogador en activo con máis experiencias en ligas internacionais, que nos contou as súas aventuras aos longo de 13 países diferentes de todo o mundo. A adaptación ao cambio, a procura do rendemento inmediato, a xestión da presión, o control das emocións e a tensión, estratexias e claves na xestión dun grupo, porque ademais de darlle patadas a un balón o leonés tamén é psicólogo deportivo. Do mesmo xeito que Joaquín Dosil, quen acompañou ao galego Santiago Tarrío, un dos mellores golfistas do panorama español e con grandes resultados en competicións internacionais. Ambos, non deron a coñecer as reviravoltas dun deporte tan descoñecido, complicado e de gran carga e esixencia mental como é o golf.

Cambiando de deporte e o tipo de manexo de balón, dous eminencias do baloncesto vigués e recoñecidos celtistas estiveron presentes nesta VIN edición do Curso Denominación de Orixe Celta. O primeiro desde terras rusas, adestrador do mellor equipo de baloncesto feminino do mundo, o UMMC Ekaterinburg, e recentemente nomeado seleccionador nacional, Miguel Méndez, deunos a súa visión na xestión de grupos e interna así como a adaptación a contornas diversas. O segundo desde o seu Galicia natal, Pepe Casal, compartiu as súas experiencias e coñecementos no adestramento físico, a formación de mozos deportistas e a súa relación co mellor xogador da historia do baloncesto español, Pau Gasol.

Pero non todo vai ser deporte e a oferta formativa do Curso DOC completouse con outras dúas xornadas protagonizadas por grandes expertos da súa materia. A comunicación dixital, o como defenderse en público e a importancia da linguaxe non verbal, temas desenvolvidos nunha clase maxistral por parte dun profesional da casa, Marco Rocha, director de comunicación e contidos do Club. Ademais, dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, as estratexias e pautas metodolóxicas da galardoada mellor profesora de España no ano 2020 polos Premios Educa, Alicia Tojeiro.

A sexta edición do Curso Denominación de Orixe Celta pon así broche final á súa actividade durante o ano 2021. Foron nove xornadas formativas intensas, que supuxeron unha fantástica aprendizaxe para todos os técnicos das categorías inferiores do RC Celta. Un éxito rotundo no seu desenvolvemento, interese e participación.

Desde xa, pensando e organizando unha próxima edición do Curso Denominación de Orixe Celta, chea de sorpresas e grandes novidades.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas