ESCUDO-1300x400-01
O Club

Felipe Miñambres desvincúlase do RC Celta tras seis anos de fructífero traballo

RC Celta

Tras case seis anos dun traballo intenso e fructífero, Felipe Miñambres abandona o RC Celta unha vez alcanzado un acordo, con efecto inmediato, entre ambas partes, Acaba xa que logo un ciclo de seis tempadas no que Miñambres realizou unha labor extraordinaria á fronte da Dirección Deportiva, coa incorporación de xogadores como Pione Sisto, Lobotka, Maxi Gómez, Okay, Aidoo, Araujo, Tapia ou Beltrán e traspasos que contribuíron a fortalecer a saúde financeira do club.

O RC Celta quere agradecerlle a Felipe a súa gran dedicación e o encomiable esforzo realizado na súa etapa celeste para confeccionar planteles competitivos e realizar operacións beneficiosas para a entidade, gratitud extensible a Ángel Medina, quen tamén abandona a entidade celeste deixando un recordo inmellorable pola súa profesionalidade, entrega e comportamento. Máis aló dos seus resultados no ámbito deportivo, ambos deixan unha profunda pegada polo seu indubidable compromiso co club e a súa gran calidade humana.

Rueda de prensa

Felipe Miñambres, acompañado polo presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, comparecerá ante os medios de comunicación o vindeiro luns ás 11:00 horas no Salón Regio de A Sede.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas