Resultados 2021-2022
A Canteira

Resultados da canteira do RC Celta (12 e 13 de febreiro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezou o sábado cos triunfos de Alevín B (4-0 ante Rápido Pereiró CF) e Benxamín A (3-0 ante AD Vila do Corpus) na Madroa para sumar 18 e 15 puntos, respectivamente, mentres que o Benxamín B venceu no Federativo de Coya ao SR Casabranca e suma 13 puntos. A mañá pechouse cos equipos infantís: o Infantil A venceu por 0-5 ao Ourense CF en Oira e lidera Liga Galega con 57 puntos, mentres que o Infantil B alcanza os 48 puntos tras derrotar por 9-0 ao CD Coya na Madroa. Pola tarde, o Xuvenil B impúxose por 0-3 a o Pabellón Ourense CF B en Os Remedios e colleita 42 puntos en Liga Nacional e o Cadete A gañou á SD Compostela (0-4) en Santa Isabel e supera a barreira dos cincuenta puntos.
O domingo abriuse co triunfo por 0-3 en Angoares ante a AD Vila do Corpus dun Alevín A que suma 16 puntos. Unha mañá na que o Celta B derrotou por 3-1 ao CF Rayo Majadahonda no Municipal de Barreiro e colócase cuarto do grupo I de Primeira RFEF Footters con 40 puntos. Pola tarde, o Xuvenil A venceu por 1-2 ao Real Sporting de Gijón en Mareo e consegue 59 puntos. Por último, o Celta C – Gran Peña derrotou por 4-3 ao Club Xuventude Sanxenxo na Madroa e supera a barreira dos corenta puntos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas