patrocinio r horiz 16222
Integra gl

R volve patrocinar ao equipo Fundación Celta Integra

RC Celta

 

O Director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, e máis o Director de R, Alfredo Ramos, posaron esta mañá xunto a xogadores/ e membros do corpo técnico do equipo Celta Integra no Salón Regio de A Sede para poñer en escena o novo acordo de patrocinio rubricado polo operador galego e máis a entidade do club olívico. Desta maneira, R volve patrocinar oficialmente o Celta Integra, que xoga en LaLiga Genuine, competición de equipos formados por persoas do colectivo D.I (con discapacidade intelectual) e organizada por LaLiga.

O Presidente da Fundación Celta, Carlos Mouriño, subliñou que “o crecemento do Celta Integra é impresionante dende que naceu. As persoas que o compoñen móstranse a través dos valores que nos fan sentir orgullosos delas como a inclusión, a sociabilidade, a autoconfianza ou a amizade; uns valores cada vez máis presentes nas súas vidas. Nos, dende a Fundación Celta, temos un firme compromiso coa sociedade e podemos dicir que esta é a actividade da que nos sentimos máis orgullosos. Sen empresas colaboradoras como R desenrrolar este proxecto e acadar eses obxectivos non sería posible. Quero agradecer en nome da Fundación Celta e do seu Padroado o gran apoio  mostrado, que lles permitirá seguir crecendo como persoas e deportistas aos nosos mozos e mozas dentro dunha sociedade cada vez máis sensible, solidaria e integradora”.

Alfredo Ramos, pola súa banda, asegurou que para R, e pola experiencia de anos anteriores, colaborar co Celta Integra “é un verdadeiro pracer e este apoio que lles brindamos orgullosos, achéganos tantas cousas boas coma a eles, ou mesmo máis. Porque aquí e agora podemos expresar a nosa aposta compartida polo deporte, pola integración social e por valores tan importantes coma a deportividade. As persoas que compoñen o Fundación Celta Integra seguriño nos van seguir ofrecendo aos demais a cara máis amable do deporte, a que prima a deportividade por enriba da loita e o feito de compartir antes que o de competir. Por iso, hoxe revalidamos en Vigo a nosa amizade co club e o noso respaldo reiterado a esta iniciativa tan fermosa”.

R, no terreo de xogo

O operador galego xa é patrocinador oficial do Celta Integra ata o remate da presente tempada 2021-22 de LaLigaGenuine: R estará presente no equipamento deportivo dos/as xogodores/as e do equipo técnico e figurará igualmente na web do equipo Celta Integra. Ademais, os/as xogadores/as do club vigués desputarán un partido amigable fronte a profesionais de R, entre outras accións incluídas no acordo.

Con este patrocinio a Fundación Celta de Vigo e máis R poñen en común o interese de ambas as dúas entidades por contribuír á mellora constante, o crecemento e a adaptación social do equipo e das persoas que o compoñen. Así mesmo o operador galego mantén vixente, neste acompañamento ao conxunto Celta Integra, a súa inquietude pola colaboración social para contribuír na mellora de vida dos/as habitantes de Galicia a todos os niveis.

Sobre a Fundación Celta Integra

O proxecto do equipo nace coa idea de lles achegar a persoas con discapacidade intelectual as escolas da Fundación Celta como ferramenta de desenvolvemento, adaptación e integración, fomentando rutinas e hábitos de vida saudables a través da práctica do deporte. O obxectivo principal é non ser só un equipo de fútbol senón conseguir unha mellora individual a nivel social e persoal, ser máis responsables e independentes.

Sobre R

R é o operador de telecomunicacións líder de Galicia que ofrece servizos de Internet, telefonía fixa, telefonía móbil, banda ancha e televisión dixital; e, para empresas, solucións IoT (Internet das cousas), tecnoloxía de Smart Cities e Industria 4.0.

R, marca recoñecida con forte implicación local e líder en fibra óptica e servizos converxentes de telecomunicacións, é a opción preferida nos fogares e empresas de Galicia onde ten despregada a súa rede de fibra óptica. O operador galego, que na actualidade lles presta servizo a arredor de 260.000 clientes/as entre residenciais e empresas, atópase en pleno proceso de modernización da súa infraestrutura. Todos/as os/as seus/súas clientes/as disporán este ano da rede de fibra e 5G máis rápida e moderna de España, con posibles accesos de ata 10 xigas simétricos, para situar a Galicia entre as rexións máis avanzadas de Europa en tecnoloxía e infraestruturas de telecomunicacións. (R.gal).

RC Celta

Etiquetas

Integra gl

Noticias recomendadas