ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O RC Celta ofrecerá desde este martes atención presencial aos seus abonados en Abanca Balaídos

RC Celta

O RC Celta continúa traballando para potenciar o achegamento e o coidado da súa masa social, alicerce fundamental para o crecemento do equipo e do club. Tras diversas reunións cos seus abonados para recoller as súas propostas e inquietudes, recibidas tamén polas diversas canles habilitadas para tal fin, o club dá un novo paso para mellorar a atención aos seus socios.

Co obxectivo de satisfacer unha das peticións máis recurrentes e dada a situación actual da pandemia, o RC Celta ofrecerá desde o vindeiro martes, 1 de marzo, atención presencial aos seus abonados nas oficinas situadas no Estadio de Abanca Balaídos.

Deste xeito, as actuais canles para a atención de dúbidas ou incidencias dos abonados son os seguintes:

PRESENCIAL

Semana sen partido como local: de 10 a 14h de luns a venres e de 17 a 19h martes e xoves.

Semana de partido en Abanca Balaídos: de 10 a 14h de luns a xoves e de 17 a 19h martes e mércores.

EMAIL

Escribindo a [email protected]

TELÉFONO

Chamando ao 986 213 230 ou 986 213 234 en horario de 10 a 14horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.

O club continúa avanzando para mellorar a súa relación cos abonados e neste sentido xa puxo en marcha diversas iniciativas, que se irán incrementando nas próximas semanas.

A xestión presencial para a compra de entradas e retirada de abonados históricos seguirá sendo exclusiva os días de partido.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club

Noticias recomendadas