ESCUDO-1300x400-02
A Canteira

O Xuvenil A clasifícase a cuartos de final da Copa do Rey Xuvenil tras eliminar ao Málaga CF

RC Celta

O sorteo dos oitavos da Copa do Rey Xuvenil deparou unha esixente viaxe do RC Celta a terras andaluzas para verse as caras ante o Málaga CF. Un encontro a partido único, disputado nos campos da Federación Malagueña de Fútbol, que iría ao descanso con táboas no marcador despois dunha primeira parte moi igualada.

Con todo, tras a continuación, os de Claudio Giráldez impoñerían o seu fútbol no tramo inicial da segunda metade con dous goles practicamente seguidos. Hugo Álvarez, no 58′, e Martín Conde, no 64′, anotaban os goles dun conxunto xuvenil que xa espera rival nos cuartos de final.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas