Resultados 2021-2022
A Canteira

Resultados da cantera do RC Celta (5 e 6 de marzo)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezaba o sábado co triunfo (7-0) do Infantil A ante a UD Atios para ampliar ata os cinco puntos o seu liderado en Liga Galega, mentres que os equipos alevíns medíanse a domicilio ante ED Val Miñor (1-1) e San Miguel CF (1-4) para sumar 23 e 27 puntos, respectivamente. O Cadete B cedía o liderado tras caer por 1-0 en casa do CD Choco, mentres que o Benxamín B conseguía 25 puntos coa súa vitoria por 5-0 ante a ED Val Miñor B para pechar a mañá. O Xuvenil B iniciaba a tarde con empate a domicilio ante o Racing Club Villalbés (2-2), situándose en segunda posición con 49 puntos, mentres que o Cadete A vencía por 1-3 na cancha da AJ Lérez para despedir o día.
O Celta B – Gran Peña iniciaba o domingo cun triunfo por 3-0 ante o Céltiga CF en Barreiro e suma 47 puntos en primeira posición. A continuación, o Xuvenil A impoñíase por 0-7 ante a ED Val Miñor en Condomínguez e é líder con sete puntos de vantaxe. Por último, o Infantil B superou por 0-2 ao Rápido de Pereiró CF e avantaxa en nove puntos ao segundo clasificado.

Torneo de Silleda | Benjamín A (campións)

RC Celta 4-1 Escola Estrada FB

RC Celta 2-2 Cidade de Ribeira CF

RC Celta 3-1 Pabellón Ourense CF

RC Celta 6-2 Bertamiráns FC

RC Celta 5-0 Selección Deza

RC Celta 1-0 RC Deportivo de La Coruña

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas