A Deputación de Pontevedra presenta na Madroa o seu novo plan de axudas para a formación de mulleres no ámbito deportivo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou este luns, nas instalacións deportivas de A Madroa, ao corpo técnico e ás xogadoras do primeiro equipo de As Celtas para presentarlles o novo plan de axudas destinado a mulleres da provincia que desexen completar a súa formación como adestradoras, técnicas, xuízas ou árbitras. Este programa … Continuación

Humberto Lede: “Na nosa casa, co respaldo da afección, temos a ilusión de gañarlle ao Depor”

Todo preparado para o derbi desta fin de semana. Mañá, sábado 11 de outubro ás 16:00h na Madroa, o equipo de Vicky Vázquez enfrontarase ao Deportivo ABANCA B nun choque crave. As Celtas chegan nun gran momento, asinando un inicio de tempada espectacular en Segunda RFEF, categoría nova para elas pero á que se adaptaron … Continuación

As Celtas B pasará a denominarse As Celtas Sporting

O filial celeste de As Celtas pasará a denominarse As Celtas Sporting en homenaxe á historia que fai xa máis de 100 anos deu lugar ao club que somos hoxe en día, unha sentida homenaxe ao legado que continúa sendo a base do noso futuro. Desta maneira, o Celta continúa profundando no seu compromiso coa … Continuación

As Celtas ante a súa esperada estrea en Segunda Federación

A emoción polo regreso a casa mestúrase coa ilusión por unha tempada que xa é histórica. Esta fin de semana, As Celtas debutan en A Madroa ante o Bizkerre Club, na súa estrea oficial en Segunda Federación tras un ascenso que marcou un antes e un despois na entidade celeste. Sergio Álvarez, conselleiro do Celta … Continuación

Marta Castillo, primeira xogadora de As Celtas convocada coa Selección Española

Marta Castillo, xogadora do filial celeste, foi convocada coa Selección Española Sub-16 para participar nas sesións de adestramento do combinado nacional do 8 ao 11 de setembro nas lnstalaciones Federativas de Las Rozas. Trátase de todo un fito no Celta, xa que é a primeira vez na historia que unha xogadora de As Celtas é … Continuación

Os dorsais de As Celtas para a tempada 25/26

O plantel de As Celtas para a tempada 2025/26 xa está pechada. Esta é a lista de dorsais do primeiro equipo definitiva para esta campaña: 1. Nai 3. Aitana 4. Pau 5. Pañu 6. Elena 7. Tati Barcia 8. Paula L. 9. Irene 10. Tati Cruz 11. Toubes 13. Sol 14. Estela 15. M. Figueroa … Continuación

As Celtas quentan motores na súa posta de longo en A Madroa

A tan só 15 días do inicio dunha nova tempada histórica para As Celtas, o conxunto de Vicky Vázquez presentouse de maneira oficial ante o celtismo na Madroa. Más de medio milleiro de persoas encheron as bancadas para recibir ao plantel que competirá esta campaña en Segunda Federación tras o brillante ascenso conseguido o curso … Continuación

Este sábado… Presentación oficial de As Celtas ante o celtismo!

Este sábado 23 de agosto, o celtismo ten unha cita moi especial na Madroa. Antes do partido fronte ao FC Porto, o club presentará oficialmente ao plantel de As Celtas que esta tempada competirá en Segunda RFEF tras o histórico ascenso logrado en maio. A presentación será ás 11:45h, xusto antes do partido, que dará … Continuación

As Celtas arrinca a 25/26 con todos os seus corpos técnicos xa definidos

As Celtas arrancou esta semana a pretempada do seu segundo ano de vida, e faino cos corpos técnicos de todas as categorías completos e preparados para comezar con forza este novo curso. O primeiro equipo estará dirixido por Vicky Vázquez, acompañada por Toni Martínez como segundo adestrador. O grupo complétase con Héctor Iglesias como adestrador … Continuación

Vicky Vázquez: “Espero moito deste novo equipo que temos. Imos ir a máis esta tempada”

https://youtu.be/wZZGZZRV2Xc?si=Ny4bJ8UChH1uJb-r Esta mañá, Abanca Balaídos acolleu a rolda de prensa de renovación da adestradora de As Celtas, Vicky Vázquez. A técnica viguesa, acompañada de Sergio Álvarez, novo conselleiro vinculado ao proxecto, falou sobre esta renovación e fixo un repaso do que será o segundo ano de vida de As Celtas. Escoita todas as súas declaracións!