Imágen genérica de cabecera RC Celta

Queres pisar o céspede de Abanca Balaídos?

Se es celtista abonado en categoría sub 15 ou tes entre 8 e 15 anos en caso de ser Carné Celtista, tes a posibilidade de participar nunha experiencia única ondeando a bandeira do club á saída dos xogadores nun partido mentres soa o Himno de Oliveira dos Cen Anos. Anótate xa!

 

Cada partido, o RC Celta elixirá por sorteo a un grupo de celtistas para poder participar ata completar a cota máxima. Esta experiencia é exclusiva e gratuíta para os nosos celtistas, necesitarás o teu ID de celtista (aparece no carné indicado como ID)

1. Cesión de abonos

#ANIMAPORMIN

 

Poñemos a disposición de todos os abonados do RC Celta o servizo de cesión de abonos para que, se por algún motivo non poden acudir a Abanca Balaídos, podan ceder o seu abono ao club para que este poida vendelo a outro seareiro. Se véndese a túa butaca, e outro anima no teu lugar, o club destinará o 40% desa venta a un desconto no abono do ano que ven do abonado. Entérate de cómo funciona e todos os detalles n as seguintes FAQs.

2. Entradas desprazamentos

En que partidos como visitante se ofrecen entradas para os seareiros do RC Celta? 
Depende do equipo rival. O RC Celta solicita a cada rival unha cota de entradas para poñer a disposición dos celtistas. No caso de que exista dispoñibilidade de entradas o comunicamos aos nosos abonados a través de correo electrónico e na nosa web e redes sociais.

 

Prezo, número de entradas e zona das entradas. 
Tanto o prezo como o número de entradas e a zona das mesmas ven dado equipo rival. O RC Celta non ten marxe de decisión nestes términos. A recadación é íntegra para o equipo rival.

 

Quen pode solicitar entradas para os desprazamentos?
Calquera celtista do RC Celta pode comprar unha entrada para cada desprazamento. As entradas están dispoñibles ata esgotar existencias, polo que se estás interesado nun desprazamento debes estar atento ás nosas comunicacións para coñecer o momento de posta a venda das entradas. No caso de partidos de alta demanda, o Club poderá solicitar con anterioridade unha pre-reserva e, en función das mesmas e se as peticións superan o número de entradas, establecerase un criterio de reparto en función da antigüidade dos carnés celtistas.

 

En paralelo, o club reserva unha cota de entradas para a Federación de Peñas co obxectivo de facilitar a asistencia de peñistas do Celta que viven noutros territorios. As entradas desta cota xestiónanse directamente a través das diferentes peñas.

 

Como podo mercar a miña entrada?
A través do noso Portal do Celtista no apartado de “Entradas Visitante”. Enviarémosche para cada desprazamento un recordatorio co ligazón web. Para realizar a túa compra debes entrar co teu ID do carné + PIN (últimas catro cifras to DNI/CIF) e o teu DNI completo ou data de nacemento. Unha vez realizada a compra recibirás un xustificante da operación. Uns días antes do partido recibirás un correo con instruccións para trocar o teu xustificante pola entrada definitiva en papel que facilita o equipo rival.

 

Podo recoller a entrada no desprazamento?
O RC Celta ofrecerá a recollida da entrada definitiva tanto na Oficina de Atención ao Celtista de Abanca Balaídos como na cidade do desprazamento. O detalle desta información facilitarase por correo electrónico aos compradores de cada partido.

3. Invitacións abonados históricos

Como solicitar a túa entrada de abonado histórico.

Cada abonado histórico poderá solicitar un máximo de 2 entradas por partido ata esgotar existencias (nos partidos que o club o indique).

Online

  • Os abonados históricos poden solicitar un número máximo de invitacións durante a tempada en función da súa antigüidade e coas seguintes condicións:

• Abonado Prata (máis de 25 anos de antigüidade, cumpridos antes do comezo da tempada): solicitude máxima de 5 entradas por tempada.
• Abonado Ouro (máis de 35 anos de antigüidade, cumpridos antes do comezo da tempada): solicitude máxima de 8 entradas por tempada.
• Abonado Platino (máis de 50 anos de antigüidade, cumpridos antes do comezo da tempada): solicitude máxima de 10 entradas por tempada.

Para a tempada 2024/25, o club destinará un máximo de 250 invitacións por encontro para atender aos abonados históricos nos seguintes partidos, por motivo das obras da bancada de Gol:

RC Celta – Deportivo Alavés 16/08/2024 19:00h

RC Celta – Valencia CF 23/08/2024 19:00h

RC Celta – Real Valladolid CF 15/09/2024 14:00h.

RC Celta – Girona FC 29/09/2024 14:00h.

RC Celta – Getafe CF 04/11/2024 21:00h.

RC Celta – RCD Mallorca 06/12/2024 21:00h.

RC Celta – Real Sociedad 21/12/2024 16:15h.

 

 

FAI AQUÍ A TÚA SOLICITUDE


Neste mesmo espazo web do club, quedará habilitado un formulario para recoller as solicitudes dos distintos partidos que se pechará 5 días antes do día do partido.

No caso de que haxa máis solicitudes que invitacións dispoñibles, o club sorteará entre todas as solicitudes ata alcanzar a cota máxima dispoñible.

Contactarase con todos os subscritores que solicitaron invitacións, para informarlles se se lles adxudicou finalmente entradas ou non.

Cada abonado poderá solicitar un máximo de dúas entradas nun partido e en función da cota que lle corresponda pola súa antigüidade.

As entradas enviaranse vía email ata 24 horas antes do partido.

4. Incidencias carné de abonado

Que pasa se non encontro o carné o día de partido?

No caso de esquecemento, o Club procederá a emitir unha entrada de incidencia na mesma localidade que o abonado ten no estadio.

 

O máximo de entradas de incidencias por abonado nunha tempada é de tres.

 

Para solicitala deberá:

  • Presentarse no despacho de billetes do estadio Abanca Balaídos o titular do carné o mesmo día do partido dende 2 horas antes do inicio.
  • Identificarse como titular (ensinar o DNI ou un documento válido identificativo).

 

Unha vez comprobado que o abono non tivo acceso procederase á emisión da entrada, no caso de superar a cota non se emitirá ningunha.

Que pasa se perdín o carné de maneira definitiva?

Poderás solicitar un duplicado do teu carné de forma gratuíta contactando coa Oficina de Abonados fóra do día de partido, das seguintes formsa:

  • Por email, escribindo a [email protected] e indicando o teu nome, apelidos e DNI na mensaxe.
  • Por teléfono, chamando ao 986 213 230 ou no 986 213 234. Unha vez xestionada a solicitude, o Club contactarache para darche día e hora da recollida do duplicado pola Oficina de Abonados.

O primeiro duplicado da tempada é gratuíto, os seguintes terán un custo de 10€.

O máximo de entradas de incidencias por abonado nunha tempada é de tres.

O primer duplicado de carné de abonado é de balde, os seguintes terán un coste de 10€.

5. Cambio de asento

Os cambios de asento ou de bancada só se poden facer no momento da renovación do teu abono.

6. Abonos Miudiños (exclusivo para nenos menores de 5 anos)

A continuación indicamos todos os pasos necesarios para solicitar a alta dun abonado miudiño:

1. SOLICITUDE DE ALTA

Para solicitar a alta debe escribir un correo a [email protected] indicando:

Datos do solicitante: Nome, apelido, DNI e o ID do abonado.
Datos do miudiño: Deberá adxuntar un documento (partida de nacemento ou libro de familia) onde se vexa a data de nacemento e os datos do menor.
Unha vez feita a solicitude, o Club contactará con vostede para indicarlle cómo proceder.

2. COTA DE ALTA

Para a temporada 24-25 non existe cota de alta para o Miudiño, será un carné gratuito pero ten que ir asociado a un abonado adulto (padre, madre ou tutor).

3. PERÍODO DE SOLICITUDE ALTA

O carné Miudiño pode ser solicitado durante toda a temporada ata cumprir os 5 anos de idade.
Se acaba de nacer pode solicitarse o mesmo día do seu nacemento aportando o certificado do mesmo.

4. ACCESO AOS PARTIDOS

O Miudiño poderá acceder a todos os partidos de forma xeral á zona que lle corresponda a condición de que o club non comunique o contrario por razóns operativas, de aforo ou seguridade.

5. DEREITO A SOLICITUDE DE ASENTO

Debido ao aforo actual e ao ter acceso a todos os partidos, só se permitirá esa petición cando lle corresponda por idade e cambio de categoría (5 anos).

7. Abono para persoas con discapacidade

O Club pón a disposición abonos cun desconto do 25% para aquelas persoas cun grao de discapacidade superior ao 65%.
Para solicitalo debes enviarnos un correo electrónico a [email protected] coa seguinte información:

 

  • Copia de certificado que acredite unha discapacidade dun 65% como mínimo.
  • Manifestación de que prestas o teu consentimento explícito ao tratamento dos teus datos coas finalidades abaixo mencionadas.

Todas as solicitudes serán analizadas individualmente.

 

Por favor, ten en conta que en ningún caso obrigámosche a proporcionarnos estes datos para prestarche o servizo. Tes á túa disposición a oferta xeral de abonados sen ningún tipo de desconto para que poidas decidir libremente que opción prefires.

 

Así mesmo, informámosche que os teus datos serán tratados polo Real Club Celta de Vigo, S.A.D. en base ao teu consentimento coa finalidade principal de xestionar a renovación do teu abono e acreditar que cumpres os requisitos esixidos para obter o desconto conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos.

 

Así mesmo, poderemos tratar os teus datos persoais coa finalidade de adaptar as nosas instalacións e prever a atención necesaria para os colectivos con problemas de accesibilidade, se procede.

 

Os teus datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades citadas. Os teus datos poderán ser cedidos a outras empresas do Grupo RC Celta unicamente con finalidades vinculadas ás finalidades de tratamento indicadas. Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, así como outros dereitos, incluíndo a posibilidade de retirar o teu consentimento en calquera momento (sen prexuízo da licitud do tratamento realizado ata entón) ou poñerche en contacto co noso Delegado de Protección de Datos, na dirección [email protected]. Podes obter información adicional na nosa Política de Privacidade.

Acompañante

O club estudará se é necesario incluír un acompañante para persoas con diversidade funcional para xestionar un abono.

8. Horarios de atención

Para calquera dúbida ou incidencia na campaña de altas poñerse en contacto a través dos seguintes canles:

PRESENCIAL

De 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas de luns a venres.

EMAIL

Escribindo a [email protected]

TELÉFONO

Chamando ao 986 213 230 ou 986 213 234 en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas de luns a venres.

No caso de calquera dúbida relacionada con Abonados pode facerla a través de Escoitamos: https://rccelta.es/escoitamos/


9. NORMATIVA APLICABLE

  • Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma.
  • Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas. Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro. Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal. Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia. Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubs e federacións deportivas. Código de Comercio.
  • Demais normativa aplicable a un Club/SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional).
  • Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  • Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte. Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo.
  • Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal. Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D. Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D.
  • Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
  • Protocolo de prevención e actuación ante casos de violencia sexual
  • Normativas internacionais: ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001.