O Celta deixa escapar os tres puntos do derbi (1-1)

O Celta deixou escapar o tres puntos do derbi galego no último suspiro. Os celestes adiantáronse no primeiro tempo cun gol de Maxi Gómez, o décimo quinto do uruguaio esta tempada, un tanto de cabeza que puxo en pé a todo Balaídos. O partido comezou con dominio vigués e con moita intensidade, pero co avance … Continuación

Caluroso recibimento a Sergio no acto da Fundación Celta en Ourense

Ourense brindou un recibimento espectacular ao porteiro celeste Sergio Álvarez. O canteirán acudiu ao Centro Comercial Ponte Vella este xoves da man da Fundación Celta, que estes días se atopa na capital ourensá promocionando o seu labor. Á súa chegada, os asistentes dedicaron unha tremenda ovación ao de Catoira que supuxo o mellor aperitivo para … Continuación

Estreamos reportaxe do Celta Integra na previa da xornada de LaLiga Genuine!

O Celta Integra puxo rumbo a Mallorca este venres. Os celestes viaxan á illa balear para participar na terceira xornada de LaLiga Genuine, unha experiencia espectacular na que, ademais, cultivaron moi bos resultados ata o momento. Con motivo desta nova xornada, a última antes da cita definitiva en Vigo do 8 ao 10 de xuño, … Continuación

O RC Celta arroupa a Galicia na presentación do Campionato Español Sub-12

O RC Celta e a Real Federación Galega de Fútbol, por delegación da RFEF, organizan de maneira conxunta o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría Alevín (Sub-12) de Fútbol-8, un gran evento do fútbol basee que se celebrará entre os días 19 ao 22 de abril na Madroa e que terá entrada libre para … Continuación

Tres propostas excepcionais para a cidade deportiva do RC Celta en Mos

Carlos Cao, director da área de negocios do RC Celta, presentou este xoves no Salón Rexio da Sede o tres proxectos arquitectónicos que o club manexa para a nova cidade deportiva do club en Mos: "Será unha cidade deportiva de máximo nivel, funcional, innovadora, sustentable, vangardista e única en Galicia, España e, por que non, … Continuación

Binter, liñas aéreas de Canarias, novo patrocinador do RC Celta

A compañía aérea Binter alcanzou un acordo de colaboración co RC Celta polo que a aerolínea converterase en colaborador local do club patrocinando o 'tempo extra' dos partidos que quedan esta tempada. O acordo foi asinado esta tarde polo vicepresidente cdeleste Pedro Posada e Noelia Curbero, directora de Relacións Institucionais de Blinter. Ademais, ambas entidades … Continuación

Os afeccionados poderán recibir os produtos das cantinas nos seus asentos

O RC Celta poñerá en marcha este sábado no partido ante o Sevilla unha novedosa iniciativa encamiñada a aumentar a comodidade dos afeccionados celestes á hora de acceder aos produtos das cantinas de Balaídos. Os asistentes ao encontro poderán realizar e pagar o seu pedido desde o teléfono móbil, sen necesidade de desprazarse e facer … Continuación

Médicos, técnicos e empregados celestes fórmanse no Cunqueiro

Os integrantes dos servizos médicos do RC Celta e diversos técnicos das categorías inferiores e empregados do club asistiron a un curso sobre Resurrección Cardiopulmonar realizado no Hospital Álvaro Cunqueiro co fin de "aprender os protocolos necesarios para poder tratar tanto a deportistas a pé de campo, como a calquera persoa que sufra unha parada … Continuación

Feliz Día da Reconquista da Vila de Vigo!

A afección entrega a Emre Mor o Trofeo Xogador Estrella Galicia de febreiro

Emre Mor recibiu este martes o seu primeiro trofeo Xogador Estrella Galicia, un galardón concedido pola afección celeste e cuxo trofeo do mes de febreiro recalou no futbolista turco-danés: "Sempre é bo recibir un premio e máis se o entregan os afeccionados. Estou moi contento e agradecido", declarou Mor tras recibir o galardón de mans … Continuación