Rodrigo Corrales da o pistoletazo de saída da tempada 24/25

Rodrigo Corrales, medallista de bronce coa Selección Española de balonmán en París 2024, foi o encargado de realizar o saque de honra no partido inaugural da presente tempada 24/25. O olímpico fixo rodar o balón por primeira vez este curso en Abanca Balaídos, un xesto que pareceu traer boa sorte, xa que os celestes lograron … Continuación

Toda a información que precisas saber se asistes ao Celta – Deportivo Alavés deste venres

Abanca Balaídos acollerá este venres 16 de agosto, ás 19:00 h., o encontro que enfronta nesta primeira xornada da liga EA Sports ao RC Celta contra o Deportivo Alavés. Para todos os celtistas que acudades ao estadio para apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser do voso interese: Apertura de portas: As portas … Continuación

Celebra os 101 anos do RC Celta como abandeirado do celtismo!

O próximo 23 de agosto, o RC Celta celebrará o seu 101 aniversario ao grande. Durante o partido contra o Valencia CF, correspondente á Xornada 2 de LALIGA EA Sports, en lugar dos habituais abandeirados infantís, o club contará con 101 celtistas que ondearán a bandeira celeste en Abanca Balaídos. Unha representación que estará formada … Continuación

A ilusión do celtismo xa está en marcha: Arrinca a primeira tempada da historia de As Celtas

O soño máis prometedor do club da presente campaña está a piques de facerse realidade. Este setembro, As Celtas debutan no que será a súa primeira tempada oficial. Coa camiseta celeste e a mirada posta no horizonte, as novas xogadoras do RC Celta prepáranse para o inicio dun curso apaixonante, o inicio dun novo capítulo … Continuación

25.000 herdeiros dun sentimento!

Que o celtismo é un sentimento que se transmite de xeración en xeración quedou evidenciado na campaña de abonados da tempada 24/25. "Herdeiros", que rematou todas as súas fases en xullo, pechou as súas portas con números espléndidos: 25.000 corazóns celestes latexando ao redor do mundo entre abonados e carnés celtistas. O RC Celta celebra … Continuación

Xa están á venda as entradas para os dous primeiros partidos de LaLiga 24/25!

Cada vez queda menos para volver vibrar todos xuntos en Abanca Balaídos. A espera, sen dúbida, foi dura pero xa está aquí o arranque de LALIGA EA SPORTS que gozaremos con dobre sesión a domicilio. O venres, 16 de agosto ás 19:00h, recibiremos ao Deportivo Alavés, un encontro que marcará o inicio da tempada celeste. … Continuación

Participa no sorteo e goza do RC Celta – Gil Vicente!

O RC Celta sortea 100 entradas dobres para asistir o cuarto amigable da pretemporada entre o RC Celta – Gil Vicente, que se xogará o vindeiro venres, 26 de xullo ás 18:00, na Cidade Deportiva Afouteza. O sorteo, no que xa se pode participar, está dirixido a todas as persoas abonadas ou que conten co carné … Continuación

Camila Pescatore, primeira xogadora internacional de As Celtas

Camila Lucia Pescatore xa é xogadora de As Celtas. Nacida o 23 de maio do 2000 en Coro (Venezuela) e con raíces italianas, Camila convértese na primeira xogadora internacional do equipo. A lateral de 24 anos comezou a súa carreira na tempada 2017/2018 co SecaSports na Superliga Profesional de Venezuela. En 2022, continuou a súa … Continuación

O concerto sorpresa de Dirty Suc revoluciona A Sede

RC Celta e hummel presentaron o segundo equipamento que lucirá o conxunto celeste a tempada 24/25 da man de Dirty Suc e baixo o claim #NoSecondTeam. Unha campaña que se lanzaba cun anuncio que causaría furor en redes sociais e que foi a antesala dunha gran sorpresa que o club tiña preparada para todos os … Continuación

O Carné Celtista tingue de celeste a toda España

Tan só un mes despois do lanzamento do Carné Celtista, España tínguese de celeste por completo. Polo menos unha persoa de cada unha das comunidades autónomas da xeografía española uniuse á gran familia do RC Celta. Todo un éxito ao que se sumaron máis de 3150 celtistas nos últimos 30 días e que demostran que … Continuación