O RC Celta dá un novo paso na mellora do servizo e atención aos seus abonados coa posta en marcha da cesión de abonos, dispoñible para todos os abonados que por algún motivo non poidan acudir a algún partido en Abanca Balaídos. Neste caso, poderán ceder o seu abono ao club para que esa butaca … Continuación
Jorgen Strand Larsen foi galardoado co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de setembro, obtendo a maioría dos votos por parte da afección celeste e superando na fase final a Ivan Villar e Carl Starfelt. O bo rendemento do ariete noruegués ao longo dos 259 minutos que disputou no mes de setembro, e … Continuación
Abanca Balaídos acollerá este sábado 21 de outubro, ás 21:00 h, o encontro que enfronta nesta décima xornada de La Liga EA Sports ao RC Celta contra o Atlético de Madrid. Para todos os celtistas que acudan ao estadio para apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser de interese: Apertura de portas: As … Continuación
A Peña Celtista de Xinzo de Limia, Tallada Celeste, celebrou onte, 17 de outubro, o seu primeiros dez anos de existencia xunto aos xogadores do primeiro equipo do RC Celta Carles Pérez e Agustín Marchesín. No aniversario, que tivo lugar no Bar Lulo, sede da agrupación ourensá, tampouco faltaron o conselleiro do RC Celta, Primitivo … Continuación
A Peña Celtista Alvelo está de aniversario; 35 son os anos que estes seareiros de Ribeira levan demostrando o seu celtismo incondicional, e onte, 11 de outubro, quixeron celebralo. Xunto a eles estiveron os xogadores celestes Vicente Guaita e Miguel Rodríguez, así como Ricardo Barros, vicepresidente do RC Celta, José Méndez, presidente da Federación de … Continuación
O partidazo entre o RC Celta-Getafe CF reuniu a 17.953 siareiros nas bancadas de Abanca Balaídos. Como celtistas, tamén formades parte deste club, polo que a continuación tedes a galería coas mellores fotos da emoción vivida nas bancadas, nas que seguro atoparedes algunha cara coñecida.
Abanca Balaídos acollerá este domingo 8 de outubro, ás 18:30 h, o encontro que enfronta nesta novena xornada de La Liga EA Sports ao RC Celta contra o Getafe CF. Para todos os celtistas que acudan ao estadio para apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser de interese: Apertura de portas: As portas … Continuación
Para todos os celtistas que queiran acompañar ao Celta Fortuna no seu próximo encontro como visitante, o domingo 8 de outubro ás 19:00 h contra o RC Deportivo, poderán facerse coas entradas desde hoxe mesmo e ata mañá, martes 3 de outubro ás 23:45 h a través da páxina web do RC Celta, no portal … Continuación