O Celta recibe o premio ao Mellor Produto de Hospitality nas Xornadas de Clubs de LaLiga

A Oficina de Clubes, que presta servizos de consultoría e asesoramento aos 42 clubs de LaLiga co obxectivo de apoialos no seu crecemento en distintas áreas de negocio, celebrou este martes día 24 de marzo de 2026 unha nova edición dos seus premios, que recoñecen os proxectos dos clubs que marcaron a diferenza en 2025, … Continuación

Arrinca a segunda edición da Copa Máis Enerxía

Tras o éxito da pasada edición, o club lanza a II Copa Máis Enerxía, un torneo organizado polo Celta xunto á compañía Máis Enerxía, patrocinadora oficial. Esta aposta pioneira polo fútbol base feminino, iniciada en 2025, celebrou este mediodía a presentación da súa nova edición no Salón Regio de A Sede. Ao acto asistiron Sergio … Continuación

Comunicado oficial

O Celta viviu onte unha xornada histórica cunha merecida e moi meritoria vitoria ante o Olympique de Lyon e o maior desprazamento de afeccionados da historia en competición europea. A brillante e inesquecible clasificación a cuartos de final da UEFA Europa League conviviu, con todo, con diversos feitos absolutamente lamentables que o club quere condenar … Continuación

Camiseta “A Reconquista de Vigo”, un homenaxe ao pobo que decidiu escribir a súa propia historia

O Real Club Celta, a través do seu proxecto de iniciativas vinculadas á súa historia, á creatividade e á esencia cultural do club, RIO1923, amosa unha oda á cidade de Vigo coa camiseta especial “A Reconquista de Vigo”. O deseño desta prenda loce o vermello e branco da bandeira de Vigo e o debuxo arlequín que caracteriza este símbolo.  A camiseta homenaxea o episodio que marcou para sempre a historia da cidade de Vigo: o alzamento popular dos cidadáns contra … Continuación

Inscricións abertas para o Torneo de Pádel Club Celta Empresas 2026

A Fundación Celta presenta unha nova edición do Torneo de Pádel Club Celta Empresas, unha cita deportiva que volve reunir a aficionados e xogadores de pádel nun evento pensado para competir, compartir e disfrutar deste deporte. O torneo celebrarase do 12 ao 14 de xuño e do 19 ao 21 de xuño de 2026. As inscricións … Continuación

Comunicado oficial

O Real Club Celta encarna, defende e promulga uns valores que toda a súa afección coñece e comparte, pois realmente emanan deles. A violencia, en calquera das súas manifestacións, non forma parte da identidade nin dos valores do celtismo. Por tanto, o club condena firmemente calquera tipo de actuación violenta, como a rexistrada onte á … Continuación

A Fundación Celta e a Deputación de Pontevedra únense para o desenvolvemento de proxectos sociais a través do deporte

A Fundación Celta e a Deputación de Pontevedra asinaron un acordo de colaboración destinado a fortalecer o desenvolvemento deportivo, social e formativo do equipo Celta Integra Zelnova, así como a creación dunha Escola de Fútbol no Centro Príncipe Felipe. O convenio inscríbese nas competencias que a Lei do Deporte de Galicia atribúe ás deputacións provinciais: … Continuación

O Celta busca a camisola que Madonna vestiu no seu concerto de Vigo no ano 1990

O 29 de xullo de 1990, Vigo acolleu o seu primeiro gran concerto internacional: o estadio de Balaídos foi unha das últimas paradas na xira europea Blond Ambition de Madonna. Aquela noite, a artista enfundou a camisola do Celta co 5 de Espinosa nas costas. Este instante, capturado polo fotógrafo Víctor de las Heras, converteuse … Continuación

O Celta reforza a súa aposta polos eSports coa fichaxe de AndoniiPM

O Celta reforza o seu proxecto de EA Sports FC coa incorporación de Andoni Payo Martín, coñecido na competición como AndoniiPM. O xogador español conta cunha ampla traxectoria nos eSports e formou parte de organizacións de primeiro nivel como Movistar Riders, ademais de competir en proxectos vinculados ao Atlético de Madrid eSports en ligas oficiais … Continuación

O Celta renova o seu patrocinio con Estrella Galicia tras máis de 15 anos de historia compartida

O Celta e Estrella Galicia renovan o seu acordo de patrocinio, reforzando unha relación histórica que supera xa os 15 anos e que se converteu nun símbolo de compromiso compartido entre ambas as entidades con Vigo, con Galicia e coa afección celeste. Esta renovación consolida unha alianza baseada en valores comúns como a autenticidade, o … Continuación