As Celtas suman o talento de María Calvar

A centrocampista, María Calvar Rodiño (18 de febreiro de 1999), é a nova xogadora confirmada para As Celtas. Natural de Moaña, María chega ao RC Celta despois dunha destacada traxectoria deportiva na que militou en diferentes equipos. A súa carreira comezou no Bertola CF onde permaneceu ata 2015. A tempada 2015/16, formou parte das filas … Continuación

María Figueroa nova fichaxe de As Celtas

María Figueroa Rodríguez (13 de setembro do 2002) convértese na sexta xogadora confirmada de As Celtas. A defensa de 21 anos chega procedente do Viaxes Interrías onde disputou a tempada 23/24. Natural de Redondela, comezou a súa traxectoria deportiva con tan só 3 anos no Grupo Casa Paco 81. Ese sería o inicio dunha extensa … Continuación

Elena Pérez xa é xogadora de As Celtas

Elena Pérez Montero (1 de outubro do 2003) convértese en nova xogadora de As Celtas. A dianteira chega ao equipo despois de militar a tempada pasada no MP Friol. Elena demostrou unha clara paixón polo fútbol desde moi temperá idade. Comezou a súa formación aos 3 anos no Casablanca, club no que se formou ata … Continuación

Xa somos máis de 23.000 celtistas!

A campaña de abonados para a tempada 24/25 do RC Celta, baixo o lema 'Herdeiros', pechou onte os seus prazos de renovación con resultados excepcionais. Un 98,6% dos abonados decidiron renovar a súa praza, un dato que reflicte o forte compromiso da afección co club e destaca o sólido vínculo que lles une á entidade … Continuación

O RC Celta estrea autobús!

O RC Celta incorporará novos autobuses para a tempada 24/25 que mellorarán a experiencia de viaxe de xogadores e corpo técnico. Desde o inicio da pretempada ata setembro, o primeiro equipo viaxará nun autobús negro que lucirá dous escudos do RC Celta nos costados e unha frase como chiscadela á afección: "Sempre Celta". A partir … Continuación

Paula Lorenzo, nova fichaxe de As Celtas

O RC Celta fai oficial a fichaxe de Paula Lorenzo Estévez (24 de marzo do 2003) para o equipo de As Celtas. A centrocampista de 21 anos, que iniciou a súa traxectoria deportiva a moi temperá idade, pasou polo UD Mos e o Sárdoma CF antes de aterrar no conxunto celeste. O club móstrase moi … Continuación

Paula González únese As Celtas

Paula Gonzalez Jorge (13 de outubro do 2004) convértese na nova xogadora de As Celtas. A defensa de 19 anos chega procedente do UD Mos, equipo do que era segunda capitá e onde desenvolveu gran parte da súa carreira. Cunha clara paixón polo fútbol, Paula iniciou a súa formación aos 4 anos no Coruxo e, … Continuación

Lara Martínez, nova xogadora de As Celtas

A centrocampista, Lara Martínez Velázquez (27 de decembro do 2000), convértese na nova xogadora de As Celtas. Natural de Vigo, Lara chega ao RC Celta despois dunha destacada traxectoria deportiva en diferentes equipos como o Atlántida Matamá, o Viaxes Interrías, PM Friol, Real Unión de Tenerife ou o S.E.A.AEM de Lleida. Ao longo da súa … Continuación

Ana Toubes, primeira xogadora de As Celtas

A dianteira, Ana Toubes Opazo (2004), convértese na primeira fichaxe de As Celtas. Internacional coas categorías inferiores da Selección Española sub16 e sub17 en tres ocasiones, a ourensá pasou polo Pabellón Ourense, CD Valladares e UD Mos antes de aterrar no cadro feminino celeste. O club móstrase ilusionado por esta primeira incorporación a As Celtas … Continuación

Fredi Álvarez renova por dúas tempadas

Fredi Álvarez continuará ligado ao club celeste por dúas tempadas máis. O adestrador moañés, quen actualmente dirixe á Celta Fortuna, demostrou a súa valía e compromiso ao dirixir ao equipo nunha notable campaña que levou ao filial a ocupar postos de playoff. Fredi asina por dúas campañas na estrutura do club e comezará esta nova … Continuación