Nara Fernández incorpórase a As Celtas

Nara Fernández Groba (25 de marzo do 2008) é a nova incorporación para a dianteira de As Celtas. Natural de Salvaterra de Miño, a moza de 16 anos reforzará o ataque do conxunto celeste. Procedente do Lóstrego CF onde militou a tempada pasada, comezou a súa traxectoria deportiva no Porriño Industrial onde xogou desde benjamines … Continuación

RC Celta e Dirty Suc presentan o segundo equipamento para a tempada 24/25

O RC Celta lanza o seu segundo equipamento para a tempada 24/25, unha homenaxe á cidade olívica que representa o corazón do celtismo. Despois de presentar a primeira camiseta no tradicional azul celeste cunha chiscadela ás nosas raíces ao incluír o nome de todos os concellos de Galicia, o club céntrase en enxalzar na súa … Continuación

Naiara Martínez será a gardiá da portería de As Celtas

Naiara Martínez Fernández (3 de abril de 2007) é a nova integrante de As Celtas. A viguesa de 17 anos será a nova porteira do conxunto celeste. Procedente do Lóstrego CF, iniciou a súa carreira deportiva no CD Choco e, pouco despois, pasou polo ED Val Miñor e o UD Mos. Cunha traxectoria prometedora, Naiara … Continuación

Noa García formará parte de As Celtas

Noa García Mosquera (23 de febreiro do 2007), un novo talento para o centro do campo de As Celtas. A xogadora de 17 anos formará parte das filas do conxunto celeste tras contar cunha longa traxectoria no deporte profesional. Natural de Pontecesures, iniciou a súa carreira deportiva con tan só 5 anos no Ulla CF … Continuación

Noelia Pereira, nova integrante de As Celtas

Noelia Pereira Rocha (5 de setembro de 1999) xa é xogadora de As Celtas. A atacante de 24 anos incorpórase ao RC Celta despois de militar a tempada pasada no UD Mos. Natural de Salceda de Caselas, iniciou a súa traxectoria no Tomiño no ano 2013. Despois, continuaría co seu desenvolvemento deportivo en diferentes equipos … Continuación

As Celtas suman o talento de María Calvar

A centrocampista, María Calvar Rodiño (18 de febreiro de 1999), é a nova xogadora confirmada para As Celtas. Natural de Moaña, María chega ao RC Celta despois dunha destacada traxectoria deportiva na que militou en diferentes equipos. A súa carreira comezou no Bertola CF onde permaneceu ata 2015. A tempada 2015/16, formou parte das filas … Continuación

María Figueroa nova fichaxe de As Celtas

María Figueroa Rodríguez (13 de setembro do 2002) convértese na sexta xogadora confirmada de As Celtas. A defensa de 21 anos chega procedente do Viaxes Interrías onde disputou a tempada 23/24. Natural de Redondela, comezou a súa traxectoria deportiva con tan só 3 anos no Grupo Casa Paco 81. Ese sería o inicio dunha extensa … Continuación

Elena Pérez xa é xogadora de As Celtas

Elena Pérez Montero (1 de outubro do 2003) convértese en nova xogadora de As Celtas. A dianteira chega ao equipo despois de militar a tempada pasada no MP Friol. Elena demostrou unha clara paixón polo fútbol desde moi temperá idade. Comezou a súa formación aos 3 anos no Casablanca, club no que se formou ata … Continuación

Xa somos máis de 23.000 celtistas!

A campaña de abonados para a tempada 24/25 do RC Celta, baixo o lema 'Herdeiros', pechou onte os seus prazos de renovación con resultados excepcionais. Un 98,6% dos abonados decidiron renovar a súa praza, un dato que reflicte o forte compromiso da afección co club e destaca o sólido vínculo que lles une á entidade … Continuación

O RC Celta estrea autobús!

O RC Celta incorporará novos autobuses para a tempada 24/25 que mellorarán a experiencia de viaxe de xogadores e corpo técnico. Desde o inicio da pretempada ata setembro, o primeiro equipo viaxará nun autobús negro que lucirá dous escudos do RC Celta nos costados e unha frase como chiscadela á afección: "Sempre Celta". A partir … Continuación