A Sede súmase ao ‘Blue Friday’ con importantes descontos e sorteos

O RC Celta celebra este venres na Sede o 'Blue Friday'. Os grandes descontos encherán a tenda multimarca do club durante varios días. Desde hoxe mesmo e até o vindeiro luns os produtos de DR&N, Pepe Jeans, Lacoste e El Pulpo terán rebaixas do 20% e o 30%. Ademais, produtos de Scotch & Soda, Lyle … Continuación

O RC Celta recibe a certificación ieE pola súa ‘Excelencia en Gestion Empresarial’

O RCCelta acaba de recibir o Certificado ieE de 'Excelencia en Xestión Empresarial' apoiado polo xornal económico elEconomista.es e pola empresa de información comercial, financeira, sectorial e de mercadotecnia, Informa D&B. Este certificado acredita que o club superou a avaliación de máis de 50 indicadores que poñen de manifesto a notable solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, … Continuación

Minuto de silencio antes do encontro ante o Real Valladolid

Antes do partido de LaLiga ante o Real Valladolid, o vindeiro venres 29 de novembro ás 21.00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria de Jesús Hidalgo Vilas, porteiro do equipo vigués entre 1943 e 1946, Manuel Alejandro Costas Garcia, abonado histórico do club, e Manoel Soto (Insignia de Ouro e … Continuación

O RC Celta pon a primeira pedra da súa nova cidade deportiva o 30 de novembro

O RC Celta afronta en apenas uns días unha cita que marcará un antes e un despois na historia do club. O vindeiro sábado 30 de novembro terá lugar o acto de colocación da primeira pedra da súa nova cidade deportiva, un lugar que moi pronto será o fogar do primeiro equipo e de toda … Continuación

A charla de Berizzo do ciclo ‘Fútbol de Salón’ en A Sede terá lugar o 9 de abril

Por problemas de axenda, a charla do adestrador Eduardo Berizzo prevista para o día 21 do presente mes no ciclo ‘Fútbol de Salón’ aprázase uns meses. O ex técnico céltico acudirá ao Salón Regio de A Sede o xoves 9 de abril ás 20.00 horas. O ciclo comezou o pasado 25 de outubro cun vello … Continuación

Os indicadores ARDAN recoñecen a capacidade para competir e o desempeño do RC Celta

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu servizo de Información Empresarial ARDAN, elabora, ao amparo da Catedra ARDAN da Universidade de Vigo, os indicadores de Boas Prácticas Empresariais que teñen como obxectivo identificar e poñer en valor a excelencia empresarial en Galicia. Obteñen o Indicador ARDAN aquelas empresas que superan os … Continuación

O Salón Rexio énchese de celtismo na imposición das Insignias de Ouro do RC Celta

Un espazo especial para un evento especial. O Salón Rexio da Sede púxose de gala este mércores nun dos actos máis emotivos da tempada. O RC Celta impuxo a Insignia de Ouro a 43 abonados que este ano cumpriron medio século de antigüidade como socios do club. Cada un deles é un exemplo de fidelidade, … Continuación

O RC Celta homenaxea este mércores a 43 abonados e entrégalles a Insignia de Ouro do club

O Real Club Celta rende homenaxe este mércores a 43 leais abonados celtistas. O Salón Rexio da Sede acollerá a partir das 18:30 horas o acto de imposición das Insignias de Ouro aos socios celestes que cumpriron 50 anos de antigüidade. Para o RC Celta e todos aqueles que forman parte do club trátase dun … Continuación

O RC Celta e Illas Maldivas selan un importante acordo de patrocinio e colaboración

O RC Celta e o goberno de Illas Maldivas asinaron esta mañá un acordo de patrocinio e colaboración que propiciará unha frutífera relación entre ambas as institucións durante o tres próximos anos. Á firma do acordo, que tivo lugar no Salón Rexio da Sede, asistiron o presidente do club vigués, Carlos Mouriño, o vicepresidente, Pedro … Continuación

“Animar. Empurrar. Axudar. Sumar. Fora diso non hai nada. Sempre cos nosos”

“Animar. Empurrar. Axudar. Sumar. Fora diso non hai nada. Sempre cos nosos”. “O domingo tócanos a nós!! Coa nosa forza, temos que axudar ao equipo dende fora a sair desta situación”. “As treboadas non duran eternamente e tras elas sempre regresa o ceo celeste. Alleos aos rumores no vestiario e despachos, o #celtismo temos que, … Continuación