RC Celta e Fundación ‘regalan’ aos afeccionados ‘Fútbol de Salón’, un espectacular ciclo de charlas de reputados adestradores

O RC Celta e a súa Fundación preparan un espectacular 'agasallo' para os afeccionados celestes. Ambas entidades organizan un ciclo de charlas sobre fútbol con protagonistas de recoñecido prestixio a nivel internacional. O Salón Rexio da Sede acollerá a partir do día 25 do presente mes un impoñente ciclo baixo o nome de 'Fútbol de … Continuación

A previa do RC Celta – Athletic celebrarase dentro do estadio Abanca Balaídos

O RC Celta afronta este domingo un importante partido ante o Athletic Club. Todos os afeccionados celestes e branquivermellos que queiran gozar dunha inesquecible previa marcada polo bo ambiente que existe entre ambas as afeccións poderán facelo desde o interior do estadio Abanca Balaídos. Os siareiros poderán acceder desde as 11.30 horas e ata as … Continuación

RC Celta e Fundación tinguen de celeste as batas de hospital

 

RC Celta e Real Sociedad pechan un acordo para as entradas visitantes

RC Celta e Real Sociedad, que manteñen unha magnífica relación a nivel institucional e as súas afeccións son exemplo de concordia e respecto, pecharon unh acordo para favorecer o desprazamento dos seguidores de ambos equipos a Abanca Balaídos e Reale Area. Os clubs facilitarán 600 entradas para a grada visitante nos dous estadios a un … Continuación

Os capitáns do RC Celta, “ansiosos” por estrear a nova cidade deportiva

Os capitáns do RC Celta Hugo Mallo, Iago Aspas e Sergio Álvarez, acompañados polo vicepresidente Ricardo Barros e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta tarde as obras da nova cidade deportiva do club e coñeceron de primeira man o proxecto das instalacións que serán o fogar do primeiro equipo e a canteira celestes. … Continuación

Fundación Celta e Celta Baloncesto afianzan a súa histórica relación

A Fundación Celta de Vigo e o Celta de Baloncesto afianzan unha relación histórica e emblemática coa renovación por dous anos dun importante convenio para o apoio e potenciación do deporte base local. O acordo, asinado polo Presidente celeste Carlos Mouriño e o seu homólogo no Celta Baloncesto Zorka Recalvi Carlos Álvarez, inclúe entre outras … Continuación

Carlos Mouriño: “É o plantel máis ilusionante que confeccionamos”

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este martes no Salón Rexio de A Sede cos medios de comunicación para realizar un dos seus habituais repasos informativos á actualidade do club. O mandatario céltico ofreceu algúns detalles sobre a campaña de abonados desta tempada, o equipo e a cidade deportiva. Ademais, o presidente volveu … Continuación

Comunicado do RC Celta

Á vista da resposta da Federación de Peñas Celtistas ao Concello e da ausencia de consulta algunha ao club por parte do Consistorio sobre a situación actual da reforma das dúas bancadas do estadio de Abanca Balaidos, o RC Celta reitera a súa solicitude das seguintes medidas: A reforma e adecuación das cubertas das Bancadas … Continuación

A gran relación entre RC Celta e Athletic Club plásmase nun acordo para as entradas visitantes

A extraordinaria relación entre o RC Celta e o Athletic Club e entre as súas afeccións plásmase esta tempada nun acordo destinado a favorecer o tradicional desprazamento dos seguidores de ambos os equipos a Abanca Balaídos e San Mamés. Os clubs pecharon un acordo para facilitar 575 entradas para a bancada visitante nos dous estadios … Continuación

O presidente repasa a actualidade do club en directo en Celta Media

Carlos Mouriño, protagonizará o vindeiro martes 10 de setembro ás 10:00 un dos seus habituais repasos á actualidade celeste. O encontro do presidente do RC Celta cos medios de comunicación, que volverá ter como escenario o Salón Rexio da Sede, poderá ser seguido en directo por todos os afeccionados a través da canle oficial do … Continuación