A Sede celebra o seu aniversario con actividades e o R.Madrid-RC Celta en pantalla xigante

A céntrica sede do RC Celta cumpre o seu primeiro aniversario e o festexa cun evento aberto a todos os públicos que organizará nas súas instalacións na Rúa Príncipe o vindeiro sábado día 16 de marzo. A xornada comezará ás 10:30 horas nun espazo de ocio de Cabreiroá con actividades dirixidas a nenos de diferentes … Continuación

A tenda do RC Celta en ABANCA Balaídos pecha por inundacións

A tenda oficial do Real Club Celta en ABANCA Balaídos permanecerá pechada durante a mañá de hoxe por mor das inundacións rexistradas no estadio polas fortes choivas caídas nas últimas horas. A previsión é que a tenda celeste poida reabrir ao longo da tarde. Os afeccionados dispoñen da tenda oficial de A Sede, na rúa … Continuación

A vixésima edición da Vig-Bay edp contará co asesoramento e experiencia da Clínica RC Celta

Os profesionais médicos da Clínica RC Celta ofrecerán a súa experiencia e coñecementos aos participantes do Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay edp. A soada proba de atletismo en ruta contará na súa vixésima edición co centro médico celeste como colaborador oficial e clínica de referencia. Todos os participantes da proba, poderán acceder a un dossier … Continuación

Comunicado do RC Celta

O RC Celta quere expresar a súa estrañeza, así como a súa desconformidade e rexeitamento, polas declaracións realizadas polo adestrador de Las Palmas Atlético, Juan Manuel Rodríguez, sobre o xogador do filial celeste Iban Salvador tras o partido do pasado domingo na illa. Estas declaracións, por mor da expulsión dun xogador local, son completamente improcedentes … Continuación

Carlos Mouriño e Nidia Arévalo verifican sobre o terreo os avances da cidade deportiva do RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta mañá as obras da nova cidade deportiva do club celeste, un proxecto vital para o futuro da entidade e o desenvolvemento dun dos seus alicerces básicos, a canteira. A parroquia de Pereiras acolle esta primeira fase das obras de … Continuación

Minuto de silencio antes do encontro ante o Levante UD

Antes do partido de LaLiga ante o Levante UD, este sábado 16 de febreiro ás 13:00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria de Luís Felipe Navas Echevarría "Navas", ex xogador do primeiro equipo do R.C. Celta entre as tempadas 1972-1975, recentemente falecido. Descanse en paz.

Vero Boquete: «O fútbol tamén é educación»

Segunda entrevista de Celta Media coa atacante española Vero Boquete. A xogadora do Utah Royals FC prepárase desde o mes de xaneiro nas instalacións deportivas do RC Celta para chegar en perfectas condicións ao inicio da liga de EEUU.

Os abonados celestes poden solicitar o cambio de asento ata este venres

O RC Celta pon en marcha esta semana unha nova campaña de cambio de asento no estadio ABANCA Balaídos para os seus abonados, que terán ata o venres ás 20.00 horas para realizar esta xestión. Aqueles que queiran realizar un cambio de butaca terán que presentar nos despachos de billetes do estadio o seu carné … Continuación

O RC Celta estrea perfil oficial na rede social chinesa Weibo

O RC Celta dá un novo paso no seu proxecto de expansión internacional. Coincidindo coa celebración do Ano Novo chinés, e da man de LaLiga, o club vigués ha lanzado o seu primeiro perfil oficial nunha rede social chinesa: Weibo. Esta plataforma similar a Facebook é unha das máis importantes do xigante asiático, con máis … Continuación

O atleta Chema Martínez descobre a Clínica RC Celta

Chema Martínez, lendario atleta español, visitou recentemente a Clínica RC Celta, situada na sede do club vigués e que ofrece a todos os públicos a experiencia dos profesionais médicos do RC Celta. O campión europeo en 10.000 metros coñeceu as instalacións célticas e ofreceu unha charla no Salón Regio acompañado polo doutor García Cota, xefe … Continuación