‘A Sede’ presenta a marca do seu gastrobar: nace Gambeta Gastrobar

Aos poucos desvélanse novos detalles da sede do RC Celta e dos negocios que albergará a nova casa do club en pleno centro de Vigo. Este luns presentouse a imaxe e nome do gastrobar de A Sede. Situado na planta cero do edificio, Gambeta Gastrobar será un espazo de restauración moderno e informal aberto durante todo o día. … Continuación

Minuto de silencio antes do partido de Liga ante o Eibar

Antes do partido de Liga ante a SD Eibar, este sábado 24 de febreiro áas 13:00 horas, Balaídos gardará un minuto de silencio en memoria dos abonados históricos José Núñez, Jesús María Pujales, Raimundo Comesaña e Amador Miguel de Frutos; do ex adestrador celeste Luis Cid "Carriega", da ex empregada do club Olga Parada e … Continuación

‘Abrindo Portas’ no corazón de Vigo: a sede do RC Celta será realidade o 17 de marzo

O RC Celta, a súa afección e a cidade vivirán durante o próximo mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón da Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo … Continuación

Pesar polo falecemento do ex adestrador Luis Cid ‘Carriega’

Loito no RC Celta polo falecemento de Luís Cid 'Carriega', adestrador celeste durante a tempada 83/84. O club vigués desexa expresar o seu máis sentido pésame así como enviar o seu máximo agarimo e forza aos familiares, amigos e coñecidos do técnico galego.

A nova tenda oficial, un espazo comercial e de ocio para o celtismo

O RC Celta abriu as portas da súa nova tenda oficial en Balaídos este luns, horas antes do partido de Liga ante o Real Betis. A inauguración espertou unha gran expectación entre a afección celtista, que recibiu con entusiasmo uns cambios rompedores que supoñen un claro antes e despois para o comercio celeste. "É un … Continuación

A nova tenda oficial causa sensación no celtismo

A tenda oficial do RC Celta en Balaídos reabriu este luns as súas portas nunha nova localización, nos baixos da bancada de Tribuna. Cun deseño totalmente renovado con melloras tanto estéticas como funcionais, o celtismo abrazou con entusiasmo as novidades do comercio oficial nunha multitudinaria inauguración celebrada nos prolegómenos do partido de Liga ante o … Continuación

Balaídos estrea nova tenda oficial este luns ás 17:00

A tenda oficial do RC Celta estrea este luns ás 17:00 un novo espazo no estadio de Balaídos. Ocupará unha ampla zona situada nos baixos da Bancada de Tribuna na que recupera os luminosos escaparates e o acceso directo desde a rúa. Ábrese unha nova etapa con substanciais melloras estéticas e funcionais que converterán a … Continuación

Coca-Cola tinguirá Galicia de celeste cos calendarios do RC Celta

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, o dianteiro Maxi Gómez e a responsable de Coca Cola María Troncoso presentaron esta mañá o calendario 2018 de Coca Cola dedicado ao Celta, con fotos da totalidade do plantel e do técnico celestes. Coca Cola distribuirá en toda Galicia 14.000 calendarios, que tinguirán fogares e locais … Continuación

Carlos Mouriño e Abel Caballero visitan as obras da futura sede do RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, recibiu este xoves ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, na futura sede do club vigués, situada na céntrica rúa do Príncipe. Xunto a Alfonso Penela, arquitecto do proxecto, e outros membros do RC Celta e a corporación municipal, Mouriño e Caballero percorreron as obras do que está chamado … Continuación

A nova sede do RC Celta albergará o restaurante Silabario e un ‘gastrobar sport’

Dentro de moi pouco o RC Celta trasladará a súa sede social ao corazón de Vigo. As oficinas principais do club convivirán con distintos servizos destinados á afección nun emblemático edificio da Rúa do Príncipe nun proxecto destinado a dinamizar o centro da cidade e o día a día do celtismo e a entidade celeste. … Continuación