Catro historias, un soño feito realidade!

https://youtu.be/bi8Jp2w2TiI?si=tCdyAU7IcRZ8UBjO Pablo Durán, Hugo Álvarez, Damián Rodríguez e Carlos Domínguez ofrecen a súa primeira entrevista a Celta Media tras converterse en xogadores do primeiro equipo do RC Celta. Catro xogadores con catro historias diferentes que loitaron por facer o seu soño realidade. Descobre a súa traxectoria, os seus obxectivos para a próxima tempada e os … Continuación

Damián, Pablo Durán, Hugo Álvarez e Carlos Domínguez únense ao plantel do primeiro equipo

Fai apenas catro días, Óscar Marcos, Ángel Arcos, Hugo Burcio e Pablo Gavián deixaron o Xuvenil para unirse ao plantel do Celta Fortuna, rebosante de xogadores da canteira. Hoxe, Damián, Hugo Álvarez, Pablo Durán e Carlos Domínguez intégranse no plantel de Primeira División que dirixe Claudio Giráldez. A aposta do RC Celta por potenciar a … Continuación

SL Benfica vs RC Celta (2-2) | Resumo e goles | Highlights Pretempada RC Celta

O RC Celta empata co SL Benfica no seu primeiro partido de pretempada (2-2). Os celestes e os encarnados repartíronse os puntos nun encontro disputado na cidade portuguesa de Águeda. Durante a primeira metade, o equipo local tomou a dianteira con dous goles do grego Pavlidis, pero, na segunda parte, os pupilos por Claudio Giráldez … Continuación

Miguel Baeza emprende unha nova etapa deportiva

O centrocampista, Miguel Baeza, finaliza a súa vinculación co RC Celta. O xogador, que chegou á entidade celeste en agosto de 2020, emprende agora unha nova etapa na súa traxectoria deportiva. Baeza pecha desta maneira a súa estancia no club tras catro anos nos que vestiu máis de 700 minutos a camiseta celeste. O RC … Continuación

Lille OSC, novo rival na pretemporada celeste

O RC Celta confirmou un novo partido para a pretemporada 24/25. O equipo celeste enfrontarase ao Lille Olympique Sporting Club o próximo 30 de xullo. Un emocionante encontro que levará a cabo no Estadio de Hainaut ás 19:00h. Para aqueles celtistas que non poidan asistir á cita, está tamén será retransmitida en directo a través … Continuación

Miguel Rodríguez xogará no Utrech a próxima tempada

O RC Celta e o Football Club Utrecht pecharon a cesión con opción de compra de Miguel Rodríguez. O mozo redondelano xogará a próxima tempada na Eredivisie tras unha destacada etapa no club celeste. Con máis de 5.000 minutos entre primeiro equipo e canteira, Miguel sinalouse durante todos estes anos como un atacante potente e … Continuación

Aidoo reincorpórase aos adestramentos do RC Celta

Joseph Aidoo reincorporouse esta mañá aos adestramentos do RC Celta tras unha longa ausencia. Despois de varios meses de baixa debido a unha rotura do tendón de Aquiles esquerdo, lesión que sufriu nun dos seus partidos como internacional, o defensa celeste volve ao equipo con grandes sensacións. Co obxectivo de preparar a próxima tempada 24/25, … Continuación

Luton Town FC, novo rival na pretempada 24/25

O RC Celta xa ten confirmado un novo partido para a pretempada 24/25. O equipo celeste enfrontarase ao Luton Town Football Club o próximo 3 de agosto. A cita, que terá lugar en Kenilworth Road (Luton) ás 16:00 hora peninsular, xa ten as súas entradas á venda AQUÍ. Ademais, será retransmitida en directo a través … Continuación

O primero equipo do RC Celta pasa as probas médicas

Case corenta días despois de finalizar o curso 2023/2024, o primeiro equipo do RC Celta inicia a pretemporada da próxima campaña coa realización das probas médicas. Desde primeira hora deste mércores, os integrantes do equipo comezaron a chegar de maneira ordenada e individual á Clínica RC Celta de A Sede para someterse ao recoñecemento médico … Continuación

O SL Benfica marcará o inicio da pretemporada celeste

O RC Celta vai ultimando a que será a súa pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25. Os celestes viaxarán a Portugal para enfrontarse ao SL Benfica o próximo 13 de xullo ás 20h española. O encontro, que se disputará no Estadio Municipal de Águeda, poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do … Continuación