Paso firme para arrincar o curso tras gañar o derradeiro partido de pretempada | Wolves 0-1 Celta

O Celta completou a súa última proba de pretempada cunha vitoria traballada na súa visita ao Wolverhampton (0-1), nun encontro no que o conxunto vigués se amosou con ideas claras. Desde o asubío inicial viúse un equipo ben organizado e con personalidade, que apostou por unha posta en escena marcada por unha presión efectiva e … Continuación

Fillos dunha paixón… Carlos Domínguez, alma celeste ata 2028

O Celta alcanzou un acordo con Carlos Domínguez para a súa continuidade no club celeste ata 2028. Esta ampliación reflicte a firme aposta do club polo talento Feito na Madroa e polo crecemento dos mozos canteiráns. Nacido en Vigo, Carlos chegou á canteira celeste en categoría alevín coa ilusión dun neno que soñaba con vestir … Continuación

Convocatoria do Celta para o amigable ante os Wolves

O Celta xogará mañá, sábado 9 de agosto ás 16:00 horas, o último amigable da pretemporada ante o Wolverhampton Wanderers FC. Para este encontro, que se disputará no Molineux Stadium, Claudio Giráldez convocou a 25 xogadores. A lista fórmana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), Sergio Carreira … Continuación

Williot Swedberg: “Estou moi feliz de seguir crecendo aquí e formar parte do futuro do Celta”

https://youtu.be/VP7LQYLnFz0?si=JkK3N_ZQUqH7qZ0t Williot Swedberg ofreceu a súa primeira entrevista en exclusiva para Celta Media tras facerse oficial a ampliación do seu contrato co club celeste ata 2029. A xoven promesa comparte as súas impresións sobre a súa renovación, como viviu a clasificación do equipo a Europa League e expresa cales serán os seus próximos obxectivos en … Continuación

Williot Swedberg amplía a súa vinculación co Celta ata 2029

Williot Swedberg seguirá vestindo o celeste catro anos máis. O atacante sueco amplía o seu contrato co Celta ata 2029, reforzando así a aposta do club no talento novo cun xogador con gran proxección e calidade. Desde a súa chegada á cidade olívica no verán de 2022, Williot demostrou unha evolución constante. A pasada tempada … Continuación

Bryan Zaragoza: “Creo que podemos facer outra vez grandes cousas”

Bryan Zaragoza presentouse esta tarde en Abanca Balaídos como novo xogador do Celta ante a prensa. Acompañado polo conselleiro Antón Álvarez e o director de fútbol Marco Garcés, o malagueño atendeu aos medios na súa primeira rolda de prensa como celeste. Durante a súa intervención, agradeceu a benvida do club e compartiu as súas primeiras … Continuación

Bryan Zaragoza: “Estou encantado de estar aquí”

https://youtu.be/0bytGPl5fzA?si=7n3xMe1X9ducmi2Q Bryan Zaragoza, novo xogador do Celta, ofrece a súa primeira entrevista como celeste a Celta Media. Nunha contorna máxica, o parque forestal de Beade, o xogador comparte as súas primeiras impresións tras incorporarse ao club, as súas sensacións ao descubrir a cidade e as súas ganas de vivir en primeira persoa o Oliveira dos … Continuación

Parte médico de Williot Swedberg

Williot Swedberg sofre unha sobrecarga na coxa segundo revela a resonancia magnética que se lle realizou a última hora desta mañá no Hospital Ribeira Povisa, unhas probas que descartan lesións estruturais no isquiotibial dereito. O xogador, que se retirou no amigable ante o Vitória de Guimarães con molestias, iniciará adestramento normal ao longo desta semana.

Un Celta valente queda sen recompensa ante o Vitória de Guimarães (1-0)

O Celta saíu sen recompensa dun partido no que merecía máis. Esta vez, foi o Vitória de Guimarães quen se levou o triunfo no Estádio Cidade de Barcelos, nun encontro no que o Celta tivo un comezo fulgurante. A proposta de Claudio Giráldez para este sexto amigable da pretemporada 25/26 incluíu unha gran sorpresa no … Continuación

Bryan Zaragoza xa é celeste!

O Celta e o Bayern de Múnic chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra do extremo malagueño, Bryan Zaragoza. Internacional coa Selección Española, o xogador de 23 anos destaca pola súa verticalidade, regate e capacidade para romper liñas, unhas calidades coas que se integrará no conxunto de Claudio Giráldez para afrontar … Continuación