Convocatoria do Celta para o amigable ante o SC Braga

O Celta xogará mañá, sábado 19 de xullo ás 21:00 horas, o segundo amigable da pretemporada ante o SC Braga. Para este encontro, que se disputará no Estàdio Municipal de Braga, Claudio Giráldez convocou a 24 xogadores. A lista formarana Iván Villar (1), Radu (13), Marc Vidal (25), Carl Starfelt (2), Óscar Mingueza (3), Sergio … Continuación

Radu: “É unha honra xogar no Celta”

Andrei Radu foi presentado oficialmente como novo porteiro do Celta nunha rolda de prensa onde mostrou o seu entusiasmo por incorporarse ao club celeste. O internacional romanés asegurou que "xogar no Celta é unha honra" e destacou o gran ambiente do vestiario, algo que sentiu desde a súa chegada. Radu tamén transmitiu a súa ilusión por … Continuación

Carlos Dotor xogará no Málaga CF a próxima tempada

O Celta e o Málaga CF alcanzaron un acordo para a cesión de Carlos Dotor para a tempada 25/26. O futbolista xogará en La Rosaleda baixo as ordes de Sergio Pellicer. Durante a pasada campaña, Dotor xogou en calidade de cedido no Real Oviedo e o Sporting de Xixón. Precisamente co conxunto branquivermello anotou os … Continuación

Parte médico de Carl Starfelt e Javi Rueda

Carl Starfelt recibe a alta médica despois de seguir co seu proceso de recuperación durante o período vacacional. Actualmente é asintomático e as probas médicas confirman total cicatrización da lesión. Nesta volta ao traballo do RC Celta, xa reiniciou actividade normal co grupo. Pola súa banda, Javi Rueda presenta unha rotura fibrilar no seu recto … Continuación

Carles Pérez xogará cedido no Aris de Salónica

O Celta e o Aris de Salónica FC chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra de Carles Pérez. O dianteiro catalán xogará na Superliga de Grecia a próxima tempada. Natural de Granollers, Carles chegou á cidade olívica no verán de 2022 e en total defendeu o escudo celeste máis de 3.200 minutos … Continuación

Novidades no corpo técnico do primeiro equipo e cambios no organigrama do filial

O Celta continúa perfilando a súa estrutura deportiva de cara á nova tempada na que disputará tres competicións, co obxectivo de seguir consolidando un proxecto ambicioso e competitivo en todas as súas áreas.Deste xeito, o club incorpora ao corpo técnico do primeiro equipo a Pablo Pérez Urtaza, como preparador físico; e a Gael Potti, como … Continuación

O RC Celta pecha a pretempada co Nacional de Madeira

O RC Celta suma un novo compromiso ao seu calendario de preparación para a tempada 25/26. O conxunto dirixido por Claudio Giráldez xa coñece o último amigable do verán que se anunciará: o Clube Desportivo Nacional de Madeira, contra o que se enfrontará o vindeiro martes 22 de xullo ás 12:30h (hora local) na Cidade … Continuación

Futebol Clube Famalicão, novo rival para a pretempada do RC Celta

O RC Celta suma un novo desafío á súa pretemporada 25/26. O próximo 15 de xullo, os celestes enfrontaranse ao Futebol Clube Famalicão, a porta pechada, na Ciudade Deportiva Afouteza, ás 18:00h (hora española). Este será o primeiro encontro da pretemporada, apenas unha semana despois do regreso aos adestramentos. O FC Famalicão, que finalizou sétimo … Continuación

O RC Celta arrinca a pretempada 25/26

O primeiro equipo do RC Celta dá comezo esta semana á pretemporada 25/26. Os celestes realizarán durante os tres próximos días, 1, 2 e 3 de xullo, as pertinentes probas médicas na Clínica RC Celta de A Sede, como paso previo ao comezo do traballo sobre o terreo de xogo. Tras isto, terá lugar a … Continuación

O RC Celta despídese dos xogadores que terminan o seu contrato

Borja Iglesias, Alfon, Vicente Guaita, Iker Losada, Jailson e Javier Manquillo finalizan a súa vinculación co RC Celta este 30 de xuño. Os xogadores emprenden agora unha nova etapa deportiva pechando a súa estancia no conxunto celeste. O RC Celta quere agradecerlles a súa profesionalidade, dedicación e compromiso ao longo do tempo que formaron parte … Continuación