Erros propios e un penalti inexistente condenan ao Celta no seu debut ligueiro (2-3)

O Celta comezou a súa andaina na liga 2017/18 con polémica. Un partido que, en liñas xerais, estivo dominado polos celestes e no que polo menos puntuar parecía asegurado, volveuse en contra dos celestes. Co 2-2 no marcador o colexiado sinalou penalti nunha falta cometida fose da área. A Real non desaproveitou a oportunidade para … Continuación

O debut goleador de Maxi Gómez vale un posto no 11 Ideal da Liga

  O dianteiro uruguaio Maxi Gómez foi incluído no primeiro 11 Ideal da tempada de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O atacante celeste debutou en partido oficial co RC Celta anotando dous goles á Real Sociedad, un partido que terminaría decantándose a favor … Continuación

X2. Betis-Celta: listaxe de convocados

  Juan Carlos Unzué, adestrador do primeiro equipo, convocou a 19 xogadores para a segunda xornada da Liga ante o Real Betis (venres, 22:00, Benito Villamarín), entre eles ao canteirán Brais Méndez. A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Costas, Radoja, Maxi Gómez, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Lobotka, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, … Continuación

Iago Aspas volve á Absoluta e Iván Villar estréase coa Sub-21

  Os seleccionadores nacionais da Absoulta e a Sub-21 española, Julen Lopetegui e Albert Celades, anunciaron este venres as súas convocatorias, nas que incluíron a dous xogadores e canteiráns do RC Celta.   Iago Aspas consolídase na selección de Lopetegui coa súa cuarta convocatoria consecutiva. O de Moaña foi chamado de cara aos próximos partidos … Continuación

LIGA | A previa en 10 datos: Betis-Celta

O Celta xa está en Sevilla para disputar a xornada número dous de LaLiga ante o Real Betis (22:00, TV: GOL), un duelo que pasará aos rexistros da historia celeste como o número 1.700 en Primeira División. A poucas horas do inicio do choque ligueiro, repasamos este e outros datos claves do Betis-Celta.   1. … Continuación

O Celta non pode manter a súa vantaxe e cae ante o Betis (2-1)

  O Celta non puido manter a vantaxe que obtivo na primeira parte cun tanto de Maxi Gómez e caeu 2-1 ante o Betis nun partido igualado e disputado que se decantou cun gol de estratexia no tramo final dunha segunda metade sen apenas ocasións.   Ao dez minutos, boa acción de Wass que acabou … Continuación

O Celta recibe ao Getafe o xoves 21 de setembro

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 5. O RC Celta recibe ao Getafe CF en Balaídos o xoves 21 de setembro ás 21:00 horas. O partido retransmitirase en directo en beIN Sports LaLiga. Consulta o calendario completo do equipo AQUÍ.  

O Celta xoga en Ipurúa o domingo 24 de setembro

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 6. O RC Celta enfróntase á SD Eibar en Ipurúa o domingo 24 de setembro ás 18:30. beIN Sports LaLiga retransmite o partido en directo. Consulta o calendario completo do equipo AQUÍ.  

O dianteiro celeste Claudio Beauvue, cedido ao CD Leganés

  O dianteiro celeste Claudio Beauvue xogará cedido no Club Deportivo Leganés a presente tempada tras o acordo alcanzado hoxe por ambos clubs e o xogador. O RC Celta deséxalle un gran éxito durante esta campaña de cesión. 

Seis celestes concéntranse dende este luns coas súas seleccións

  Un total de seis xogadores do RC Celta concéntranse dende este luns coas súas seleccións. Iago Aspas, Radoja, Pablo Hernández, Sisto e Lobotka foron chamados polos seleccionadores nacionais de cara a partidos de clasificación ao Mundial de Rusia 2018 e o canteirán Iván Villar para un amigable e un clasificatorio ao Europeo Sub-21.   … Continuación