Sisto: “É posible gañar ao Barcelona. Temos que ir a pola vitoria”

O Celta, espléndido, mostra o seu potencial cun gran empate en Barcelona

O Celta realizou un partido magnífico no Camp Nou, formidable. Un ano despois, un rival puntuou en Barcelona. Foi o Celta, que anotou dous tantos, Iago Aspas e Maxi Gómez, para sumar un empate meritorio nun gran encontro de fútbol, con enorme disputa e un espectacular ida e volta. Terrible comezo para o Celta. No … Continuación

Sergi Gómez: luxación escapulohumeral no hombreiro dereito

O central celeste Sergi Gómez sufriu no primeiro minuto de xogo no Camp Nou unha luxación escapulohumeral anterior no seu ombreiro dereito, que foi reducida polos servizos médicos do club no vestiario e inmobilizada con cabestrillo. Ao futbolista realizaránselle probas complementarias para valorar se hai lesións asociadas e nese momento establecerase período de baixa.

Tucu alcanzou os 100 partidos de Liga no Camp Nou

Coa súa participación no empate do Celta no Camp Nou, Pablo 'Tucu' Hernández alcanza o seu partido número 100 en Primeira División, todos eles vestindo a camiseta celeste. O internacional chileno chegou a Vigo no verán de 2014 e, desde entón, non deixou de crecer, converténdose nun referente para o equipo e a afección. Neste … Continuación

10 preguntas con Brais Méndez

Sergi Gómez será baixa unhas dúas ou tres semanas

Sergi Gómez será baixa por lesión unhas dúas ou tres semanas. O central celeste sufriu unha luxación escapulohumeral no hombreiro dereito durante o partido de Liga ante o FC Barcelona. A resonancia magnética realizada ao futbolista non revelou maiores complicacións na lesión.

O FC Barcelona, rival do Celta en oitavos da Copa

Apenas tres días despois de colleitar un gran empate no Camp Nou, o FC Barcelona volve cruzarse no camiño do RC Celta. O sorteo de oitavos de final da Copa do Rei, celebrado este martes na Cidade Deportiva de Las Rozas, deparou un novo enfrontamento entre blaugranas e celestes. Con datas e horarios aínda por … Continuación

Unzué: “Imos pelexar a eliminatoria ao Barcelona”

O adestrador do primeiro equipo, Juan Carlos Unzué, valora o resultado do sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei. O RC Celta xogarase o pase á seguinte rolda ante o vixente campión da competición: o FC Barcelona.

Iago Aspas entra no equipo ideal da xornada 14

O partidazo de Iago Aspas no Camp Nou non pasou desapercibido para ninguén. O dianteiro moañés foi un dos mellores futbolistas da xornada 14 de Primeira División, tal como o confirma o once ideal de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe os xogadores con mellor rendemento. Aspas, segundo en puntuación … Continuación

Sisto: “Empézase a ver como pode xogar este equipo”

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));