Quédase! Ilaix Moriba será xogador do RC Celta 4 tempadas máis

O RC Celta exerce a opción de compra acordada o pasado verán co RB Leipzig e pecha a súa segunda fichaxe para a próxima tempada, o centrocampista Ilaix Moriba. Tanto a entidade celeste como o propio xogador fan un gran esforzo para asegurar a súa continuidade no equipo. Durante a tempada 2024/25, o mozo hispano-guineano … Continuación

O SC Braga, novo rival na pretempada celeste

O RC Celta xa coñece a un novo opoñente para a pretempada 2025/26. O conxunto dirixido por Claudio Giráldez medirase ao SC Braga, un dos clubs máis destacados do fútbol portugués e habitual nas competicións europeas. O encontro disputarase o sábado 19 de xullo no Estadio Municipal de Braga (horario aínda por confirmar). O SC … Continuación

O Wolverhampton, primeiro rival confirmado da pretemporada celeste

O RC Celta xa coñece ao seu primeiro rival confirmado da pretemporada 25/26, o Wolverhampton Wanderers Football Club, único club de Inglaterra que ten nas súas vitrinas todos os títulos oficiais do fútbol inglés. A tan só tres semanas do inicio da pretemporada, os celestes xa teñen marcado no calendario un partido de máximo nivel … Continuación

Radu: “Somos un equipo con fame de éxito”

Primeira entrevista, en exclusiva para Celta Media, de Andrei Radu, primeira fichaxe da tempada 25/26. Nela, o gardameta fala sobre o Celta, sobre que pode achegar ao equipo e sobre o ilusionando que está por estrearse baixo paus en Abanca Balaídos. Non te perdas as súas primeiras declaracións como celeste!

O RC Celta reforza a portería co internacional romanés Ionuț Radu, primeira fichaxe da tempada

A primeira fichaxe da tempada 2025/26 xa ten nome. O RC Celta incorpora ao porteiro internacional romanés Ionuț Andrei Radu, procedente do Venezia F.C. da Serie A italiana, de onde chega libre e cun contrato para as próximas 4 tempadas. Nacido en Bucarest, Radu, de 28 anos de idade, conta con experiencia nalgunhas das ligas … Continuación

A pretempada 2025/26 do RC Celta xa ten data

O equipo xa ten marcada no calendario a volta ao traballo. O plantel do RC Celta volverá á actividade tras as vacacións de verán o vindeiro mércores 2 de xullo, momento no que iniciará a preparación para a próxima tempada. Os xogadores celestes arrincarán coas habituais probas médicas, que se realizarán ao longo da primeira … Continuación

Soñar, loitar, GAÑAR | Getafe CF 1-2 RC Celta

O RC Celta gañou ao Getafe por 2 goles a 1 no Coliseum, un estadio que por unha noite tornouse celeste. Primeiro Borja Iglesias. Despois, non podía ser outro, tiña que ser el, o noso capitán, Iago Aspas. Xuntos soñámolo. Xuntos pelexamos. Xuntos lográmolo. Estamos en Europa. Grazas, afección. FICHA TÉCNICA: 1 - Getafe CF: … Continuación

Equipo e afección, convocados para o Getafe CF – RC Celta!

O RC Celta visitará mañá, sábado 24 de maio, ás 21:00h, ao Getafe CF. Para esta xornada número 38 de Laliga EA Sports, que se disputará no Coliseum, Claudio Giráldez convocou a 24 dos seus xogadores. A lista de convocados formarana Iván Villar (1), Vicente Guaita (13), Marc Vidal (26), Óscar Mingueza (3), Hugo Sotelo … Continuación

Marcos Alonso, “Premio Estrella Galicia” da tempada

Marcos Alonso foi elixido Xogador "Estrella Galicia" da tempada 2024/2025 tras unha destacada campaña no seu primeiro ano como celeste. Péchase así un curso no que este galardón estivo moi repartido, xa que tamén contan con algún na súa casa Iago Aspas, Borja Iglesias, Pablo Durán, Javi Rodríguez e Fer López. Marcos Alonso recibiu o … Continuación

Abanca Balaídos despediu o curso con alma, pero sen puntos. Obxectivo: Getafe | RC Celta 1-2 Rayo Vallecano

O RC Celta despediu o curso como local cunha derrota ante o Rayo Vallecano (1-2) nunha xornada marcada pola festa do celtismo. Tras adiantarse cun gol de Marcos Alonso, os celestes viron como o Rayo remontaba antes do descanso. Agora, os de Claudio Giráldez aférranse á súa última oportunidade para alcanzar Europa en Getafe. A … Continuación