Kevin Vázquez: “Merecimos máis”

Kevin Vázquez foi titular na defensa celeste ante o Real Madrid. O canteirán céltico analizou en Celta Media a derrota 1-3 ante o conxunto branco: "Temos que corrixir erros e seguir. Isto xa comezou e non podemos parar. Esta que corregir errores y seguir. Esto ya comenzó y no podemos parar. Esta tempada queremos dar … Continuación

Pape Cheikh: “Sempre levei a este club no corazón”

"O Pape que se foi era un neno. Volvo sendo un home". En setembro de 2017 o canteirán Pape Cheikh despedíase, emocionado e entre bágoas, do club dos seus amores na sala de prensa de Abanca Balaídos. Dous anos despois, no mesmo escenario, o canteirán celeste volveu demostrar a súa paixón celeste pero, nesta ocasión, … Continuación

Felipe Miñambres repasa a actualidade deportiva do RC Celta

O director deportivo do RC Celta, Felipe Miñambres, atendeu aos medios de comunicación tras a presentación de Pape Cheikh en Abanca Balaídos.

Sergio recibe a alta médica e o adestrador xa dispón dos tres porteiros celestes

W

O Dr. García Cota repasa a situación dos futbolistas lesionados

O Dr. Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, repasou este mércores a situación do parte médico do RC Celta ante os medios de comunicación. O galeno celeste confirmou a recuperación de Sergio Álvarez e avanzou que Hugo Mallo progresa favorablemente e podería chegar a ter o alta este venres. En … Continuación

Confirmados os horarios dos partidos ante Atlético, Espanyol e Eibar

LaLiga confirmou os horarios correspondentes ás xornadas 5, 6 e 7 de Primeira División. O RC Celta visitará ao Atlético de Madrid o sábado 21 de setembro ás 18:30, recibirá ao Espanyol en Abanca Balaídos o xoves 26 ás 20:00 e viaxará a Ipurua para medirse ao Eibar o domingo 29 ás 14:00. Movistar LaLiga … Continuación

Iago Aspas: “Temos un gran plantel”

O 'Xenio de Moaña' atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa da Madroa antes do partido de Liga ante o Valencia CF (sábado 24, 21:00, Abanca Balaídos).

O Catoira SD volve homenaxear ao ‘Gato’ co II Trofeo Sergio Álvarez

É un dos emblemas da canteira celeste, pero tamén o fillo predilecto da súa terra. Sergio Álvarez recibirá unha nova homenaxe do seu pobo natal, Catoira, coa celebración da segunda edición do trofeo que leva o seu nome. O Catoira SD organiza por segundo ano consecutivo este evento, que volverá contar coa presenza do 'Gato … Continuación

Iker Losada: “Ao marcar pensei na miña avoa. Sempre me dicía que xogaría en Balaídos”

Non te perdas a primeira entrevista de Iker Losada! O canteirán celeste marcou no seu debut co primeiro equipo ante o Real Madrid e converteuse no primeiro xogador nacido no século XXI en marcar co RC Celta: "Motívame pensar que podo ser un Iago Aspas, Denis Suárez, Brais Méndez...".

Hugo Mallo e Santi Mina reciben a alta médica

Moi boas noticias na enfermaría celeste. Hugo Mallo e Santi Mina recibiron este venres a alta médica tras completar o adestramento co grupo e ambos estarán dispoñibles para o partido ante a Valencia Cf. Doutra banda, Okay Yokuslu, David Juncà e Juan Hernández continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.