Hugo Mallo: “Temos un partido durísimo ante un rival sólido e compacto”

O capitán da nave celeste, Hugo Mallo, analiza en rolda de prensa ante os medios as sensacións e a situación na que se atopa o equipo trala vitoria por 1-0 fronte ao Valencia CF a pasada xornada en Abanca Balaídos. A concentración do conxunto adestrado por Fran Escribá é absoluta e os xogadores están xa … Continuación

Sevilla – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da terceira xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Sevilla (venres, 20:00, Sánchez Pizjuán). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo, Gabriel Fernández, … Continuación

A previa de Escribá: Sevilla FC v RC Celta

O adestrador celeste Fran Escribá analiza ante os medios de comunicación a situación do equipo no día previo ao enfrontamento contra o Sevilla FC, partido correspondente á terceira xornada de LaLiga. Un primeiro choque fóra de casa contra un rival moi complicado e cun tremendo potencial: "É unha proba para nós".

Fran Beltrán, convocado coa Selección Española Sub-21

O centrocampista do RC Celta Fran Beltrán regresa coa Selección Española Sub-21. O  xogador celeste foi convocado polo técnico Luis de la Fuente para os partidos que o combinado nacional disputará ante Kazajistán, o 6 de setembro no Estadio Astana Arena, e ante Montenegro o día 10 do mesmo mes en Castalia.

O RC Celta mostra a súa forza cun empate no campo do líder (1-1)

RC Celta e Sevilla empataron este venres (1-1) nun disputado encontro no que os goles chegaron no tramo final. Denis Suárez estreouse como goleador esta tempada para igualar o partido no minuto 84. Os primeiros compases do partido foron dominados polo equipo local, que acumulou chegadas á área celeste. Co paso dos minutos, os de … Continuación

Fran Escribá: “Quédome coa actitude e o esforzo dos meus xogadores”

O adestrador celeste Fran Escribá compareceu na sala de prensa do Sánchez Pizjuán tras o empate cultivado polo equipo celeste (1-1). O conxunto andaluz adiantouse no marcador no minuto 80, pero o RC Celta foi quen de reaccionar e apenas uns instantes despois Denis Suárez logrou o tanto do empate. Gran punto nun campo complicado.

Olaza sufriu un mareo a causa da calor e a deshidratación e Araujo unha sobrecarga

O lateral celeste Lucas Olaza retirouse do terreo de xogo no Sánchez Pizjuán tras un golpe na cara, que non levou problemas neurológicos, por mor dun mareo provocado pola calor e a deshidratación, factores que se sumaron a unha gastroenterite que sufriu nas últimas horas. O xogador solicitou regresar ao partido, pero o xefe dos … Continuación

Highlights | Sevilla FC v RC Celta

Importante punto obtido no Sánchez Pizjuán contra o Sevilla FC tras o empate dos celestes por 1-1. Na segunda parte o 'Mudo' Vázquez adiantaba aos hispalenses no marcador, cun gran cabezazo tras asistencia de Banega. Pero con sentimento e orgullo, os xogadores dirixidos por Fran Escribá conseguiro poñer táboas no resultado final. Denis Suárez, tras … Continuación

Abanca Balaídos recibirá ao Athletic Club nun venres

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 8 de Primeira División, na que o RC Celta recibe ao Athletic Club. Abanca Balaídos será o escenario do próximo duelo entre galegos e vascos o venres 4 de outubro ás 21:00.

Partido de adestramento ante o FC Famalicão na semana de parón ligueiro

O primeiro equipo programou un partido de adestramento a porta pechada ante o FC Famalicão, da primeira división portuguesa, na semana de parón ligueiro. O persoal de Escribá adestrará de luns a xoves na Madroa, con dobre sesión o martes, e pechará a semana de traballo o venres ás 11:30 en Abanca Balaídos disputando o … Continuación