Catro xogadores do RC Celta convocados coas súas seleccións nacionais
Catro xogadores do RC Celta foron convocados polas súas respectivas seleccións de cara ao parón internacional do mes de setembro. O central Néstor Araujo (México) e os centrocampistas Stanislav Lobotka (Eslovaquia), Okay Yokuslu (Turquía) e Fran Beltrán (España Sub-21) xa se incorporaron ás distintas concentracións. Ademais, o canteirán Iker Losada debutará nunha convocatoria coa Sub-19. … Continuación