Mérida ou La Nucía, próximos rivais do RC Celta na Copa de SM o Rei

O RC Celta quedou emparellado co vencedor da eliminatoria entre a Asociación Deportiva Mérida e o Club de Fútbol La Nucía, na segunda rolda da Copa de SM o Rei. A eliminatoria, a partido único, disputarase o segundo fin de semana do mes de xaneiro no estadio do conxunto de inferior categoría.

Denis Suárez recibe a alta médica

Boas noticias no parte médico. Denis Suárez recibiu este sábado a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. Iván Villar, David Juncà, Sergio Álvarez, Jorge Sáenz e Claudio Beauvue continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

Levante – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinteún xogadores para o partido da décimoitava xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Levante (domingo, 18.30 horas, Ciutat de Valencia). A lista completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, … Continuación

O RC Celta non aproveita a vantaxe ante o Levante (3-1)

O RC Celta perdeu este domingo ante o Levante (3-1) nun encontro marcado pola polémica. Un segundo gol que non debeu subir ao marcado permitiu aos valencianos remontar o gol inicial de Iago Aspas. Saíu moi ben ao partido o conxunto celeste. Súa foi a posesión de balón no tramo inicial e súas foron as … Continuación

ANUNCIADOS OS HORARIOS DA X22: VISITAMOS MESTALLA O 01 DE FEBREIRO

O RC Celta disputará a xornada 22 de LaLiga o día 01 de febreiro de 2020, en Mestalla, fronte ao Valencia CF ás 21:00. O encontro corresponde xa á segunda volta da competición e poderá seguirse a través das cámaras de Movistar LaLiga.

Á espera de rival, a segunda rolda de Copa do Rei xogarase o 12 de xaneiro

O equipo celeste xa coñece a data e horario da segunda rolda da Copa do Rei. Á espera da eliminatoria AD Mérida - La Nucía, o partido disputarase o domingo 12 de xaneiro ás 16:00 e o faremos coma visitantes.

O filial xogará contra o Castilla o 8 de xaneiro en Barreiro

O Celta B xogará o seu partido aprazado fronte ao Real Madrid Castilla o día 8 de xaneiro de 2020 ás 15:45 en Barreiro, según confirmou a Real Federación Española de Fútbol. Este partido de Segunda División B cancelouse o pasado sábado día 21 de decembro por mor da alerta meteorolóxica en Galicia.

Claudio Beauvue recibe a alta médica

Boa noticias na enfermaría celeste. O dianteiro Claudio Beauvue recibiu este luns a alta médica tras completar o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O ariete sufriu unha rotura no menisco do seu xeonllo esquerdo hai pouco máis de dous meses. Doutra banda, Denis Suárez sufriu na sesión matinal deste luns un pinzamiento posterior … Continuación

David Costas: “Afrontamos o partido coma unha final”

O central galego foi o primeiro xogador do RC Celta en atender aos medios de comunicación no ano 2020, días antes do importante partido de LaLiga ante o Osasuna.

Óscar García: “Estamos preparados para dar unha alegría á afección”

O adestrador celeste compareceu na sala de prensa na previa do partido ante o Osasuna en Abanca Balaídos (domingo 5 de xaneiro, 21:00), o primeiro do ano 2020.