RC Celta – CA Osasuna: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da decimonovena xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao CA Osasuna (domingo, 21.00 horas, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo, G. … Continuación

O RC Celta empata na casa ante Osasuna (1-1)

RC Celta e Osasuna empataron este domingo en ABANCA Balaídos (1-1) no último partido da primeira volta. O conxunto celeste adiantouse no marcador por medio de Santi Mina e os visitantes lograron o empate no tramo final grazas a un cabezazo de Chimy Ávila. O equipo de Óscar García dominou os primeiros 45 minutos do … Continuación

Fran Beltrán: “Volvemos con outra mentalidade”

O centrocampista celeste Fran Beltrán fai balance do empate 1-1 ante o Osasuna en Abanca Balaídos, último partido da primeira volta da tempada 2019/20.

O Mérida AD, rival do RC Celta na Copa do Rei este domingo

O Mérida será o rival do RC Celta nos 1/32 de final da Copa de SM o Rei tras superar a La Nucía este mércores na quenda de penaltis. O partido disputarase o domingo 12 de xaneiro ás 16.00 horas no Estadio Romano e será retransmitido por DAZN.

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Sevilla FC

LaLiga deu a coñecer este xoves os horarios da xornada 23 na que o RC Celta recibirá ao Sevilla FC. O conxunto hispalense visitará o estadio ABANCA Balaídos o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 18.30 horas e o partido será retransmitido por Movistar LaLiga.

Sergio Álvarez e Denis Suárez reciben a alta médica

Moi boas noticias no parte médico celeste. Denis Suárez e Sergio Álvarez completaron con total normalidade o adestramento deste venres xunto ao resto dos seus compañeiros e recibiron a alta médica. O centrocampista sufrira un pinzamiento no seu nocello dereito o pasado 30 de decembro mentres que o porteiro sufriu a rotura do menisco externo … Continuación

Mérida AD – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido dos 1/32 de final da Copa de SM o Rei na que o RC Celta visita ao Mérida AD (domingo, 16.00 horas, Estadio Romano). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago … Continuación

Óscar García: “Temos ilusión por chegar o máis lonxe posible”

O técnico celeste Óscar García atende aos medios antes do partido de segunda rolda de Copa do Rei no estadio do Mérida (domingo, 16:00, DAZN).

Vitoria solvente do RC Celta en Mérida (1-4)

Triunfo contundente do RC Celta na súa visita ao Estadio Romano do Mérida AD (1-4). O equipo vigués xogou moi concentrado todo o encontro e clasificouse para os 1/16 de final da Copa de SM o Rei grazas aos goles de Santi Mina por partida dobre, Pione Sisto e Brais Méndez. A primeira metade foi … Continuación

Araujo sofre unha escordadura proximal do ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito

A eliminatoria de Copa de SM o Rei ante o Mérida AD trouxo malas noticias no parte médico do RC Celta. O central Néstor Araujo tivo que retirarse no tramo final do encontro tras sufrir molestias no seu xeonllo. O primeiro diagnóstico, á espera de máis probas médicas, sinala que o mexicano sofre unha escordadura … Continuación