Athletic Club – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Athletic Club (domingo, 18.30 horas, San Mamés). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Olaza, Sáenz, … Continuación

Óscar García: “A exixencia e o traballo nos levarán a facer unha moi boa segunda volta”

O adestrador celeste atendeu aos medios de comunicación na rolda de prensa previa ao partido contra o Athletic Club, este domingo ás 18:30 no Novo San Mamés.

O RC Celta empata un vibrante partido en San Mamés (1-1)

RC Celta e Athletic Club empataron neste domingo en San Mamés (1-1) nun duelo que puido caer para calquera dos dous equipos. Rafinha adiantou aos celestes na segunda parte e Raúl García puxo as táboas. A primeira metade estivo cargada de ocasións. Primeiro foi o Athletic o que gozou de varias chegadas con moito perigo … Continuación

Óscar García: “O punto é bo porque é un punto de equipo que quere competir”

O  adestrador celeste, Óscar García, analizou como bo o punto obtido ante o Athletic Club en San Mamés, na xornada 20 de LaLiga.

Resumo | Athletic Club 1-1 RC Celta

O RC Celta sumou un importante punto en San Mamés (1-1). Os celestes adiantáronse cun gran gol de Rafinha, pero o Athletic Club logrou a igualada nun partido que estivo cheo de intensidade e ocasións para ambos conxuntos.

O RC Celta mídese ao Real Madrid o domingo 16 de febreiro no Bernabéu

O RC Celta xa sabe cando visitará ao Real Madrid no Santiago Bernabéu. LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 24, na que se programou o enfrontamento entre celestes e merengues para o domingo 16 de febreiro ás 21:00 horas. A canle Movistar LaLiga.

CD Mirandés – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido dos 1/16 de final da Copa do Rei na que o RC Celta visita ao CD Mirandés (xoves, 19.00 horas, Anduva). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, … Continuación

Óscar García: “Todos sabemos que Anduva non é un campo fácil para ninguén”

Na previa da Copa del Rei, Óscar García analiza o partido fronte ao CD Mirandés que se xogará en Anduva, este xoves ás 19:00.

José Fontán debuta en partido oficial co RC Celta

O canteirán José Fontán debutou este xoves en partido oficial co RC Celta. O futbolista do filial saíu de titular no partido dos 1/16 da Copa da Súa Maxestade o Rei ante o CD Mirandés.

O RC Celta queda eliminado da Copa de SM o Rei ante o Mirandés (2-1)

O RC Celta quedou eliminado da Copa de SM o Rei ante o CD Mirandés tras recibir un gol na segunda parte da prórroga. Os xogadores celestes tiveron ocasións para levar a eliminatoria pero o equipo local tivo máis efectividade na área. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Ambos equipos tentaron adaptarse ao mal … Continuación