Recibimento e ‘festa’ na Bancada Siareiros antes do transcendental partido ante o Eibar

Partido transcendental. O RC Celta necesita a vitoria este domingo ante a SD Eibar por múltiples motivos, e todos e cada un de enorme peso. Triunfo para adquirir confianza, liberar presión, recortar distancias, e non perdelas, cun rival directo, avanzar na táboa, avivar a esperanza, recuperar o ánimo... Só é posible da man da afección, … Continuación

O internacional croata Filip Bradarić dota de consistencia e calidade ao centro do campo do RC Celta

O RC Celta inunda de solidez, consistencia e calidade o seu centro do campo coa incorporación, cedido até final de tempada con opción de compra, do pivote internacional croata Filip Bradarić, pertencente ao Cagliari e procedente do Hajduk Split. Bradarić  (Split, Croacia, 11 de xaneiro de 1992) posúe unha dilatada experiencia na liga croata, onde … Continuación

David Costas xogará cedido no Almería

O central celeste David Costas xogará cedido, cunha opción de compra, na UD Almería até final da tempada 2019/20 tras o acordo alcanzado por ambos clubs e o xogador nas últimas horas. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos durante esta cesión.

RC Celta – SD Eibar: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vigésimoprimera xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe á SD Eibar (domingo, 14.00 ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, Aidoo, … Continuación

Óscar García: “Queremos facer sentir orgullosa á afección”

Comparecencia do adestrador celeste Óscar García na previa do partido de Liga contra a SD Eibar (domingo 26 de enero, 14:00, Abanca Balaídos).

Este domingo, entradas para abonados a 5 euros nas billeteiras do estadio

Ao recibimento por parte da afección e a 'festa' con empanada, chocolate e bebida gratuíta na Bancada Siareiros, súmaselle unha nova iniciativa para potenciar ao máximo o ambiente no vital partido ante o Eibar deste domingo. O RC Celta ofrecerá entradas a 5 euros para os abonados, un máximo de dous por carné, co obxectivo … Continuación

A mala fortuna impide a vitoria do RC Celta (0-0)

O RC Celta non puido pasar do empate ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi claro dominador e no que só a falta de puntaría impediu que o tres puntos quedasen no ABANCA Balaídos. O equipo celeste fíxose co control de balón desde o primeiro minuto e acumulou numerosas chegadas de perigo … Continuación

Rubén Blanco: “Este é o camiño que temos que seguir”

O gardameta celeste Rubén Blanco atende a Celta Media despois do punto sumado en Abanca Balaídos (0-0) ante a SD Eibar. Os goles non chegaron, pero a actitude e entrega dos xogadores foi notable: "Estamos sacando o xogo que queremos. Este é o camiño que temos que seguir".

Óscar García: “A afección quere ver un equipo que se entrega e hoxe foi así”

Rolda de prensa do adestrador celeste Óscar García tras o empate 0-0 ante a SD Eibar en Abanca Balaídos

Bradarić na súa presentación: “Hai motivos para crer”

Filip Bradaric, novo centrocampista celeste e segunda fichaxe invernal do RC Celta tras a incorporación de Jeison Murillo, presentouse oficialmente ante os medios de comunicación no Salón Rexio da Sede. O internacional croata, que formou parte da convocatoria de Óscar García ante o Eibar, estivo acompañado na súa posta de longo como futbolista céltico polo … Continuación